O PRESIDENTE DA APEHL, CHECHÉ REAL, INFORMOU Á EDIL DE CULTURA MAITE FERREIRO DOS AVANCES NA PRESENTE EDICIÓN "DO CERTAME GASTRONÓMICO MÁIS IMPORTANTE DE LUGO"

Máis de 40 establecementos de hostalería participarán no XX Concurso de Tapas de Lugo, organizado pola APEHL coa colaboración da área de Turismo

O presidente da APEHL, Cheché Real, informou á edil de Cultura Maite Ferreiro dos avances na presente edición "do certame gastronómico máis importante de Lugo"

O concurso celebrarase entre o 7 e o 23 de novembro, e contará con sorteos para as persoas que degusten as distintas tapas participantes

Máis de 40 establecementos de hostalería participarán no XX Concurso de Tapas de Lugo, organizado pola APEHL coa colaboración da área de Turismo

 

Lugo, 18 de setembro de 2025. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, mantivo un encontro co presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, para coñecer os avances realizados na XX edición do Concurso de Tapas de Lugo, que terá lugar entre o 7 e o 23 de novembro. Ferreiro destacou que este ano participarán "máis de 40 establecementos de hostalería de Lugo", e afirmou que o Concurso de Tapas é "o certame gastronómico máis importante da cidade"

Maite Ferreiro destacou "a importancia do concurso de Tapas para a cidade e para a nosa promoción turística como destino sostible, así como para a hostalería local". Pola súa banda, Cheché Real destacou "o compromiso da área de Turismo co sector da hostalería na realización deste concurso"

Entre o 7 e o 23 de novembro os locais participantes ofertarán as súas tapas a todas as persoas que o desexen, que exercerán de xurado popular para escoller a tapa gañadora do concurso e as finalistas, que serán avaliadas posteriormente por un xurado profesional.

As persoas que o desexen, poderán votar as distintas tapas mediante un cupón de votación individual, que deberá ir selado polos establecementos participantes. Cada tapa poderá ser puntuada cunha nota do 1 ao 5. Todos os cupóns presentados participarán no sorteo de distintos premios e, segundo o número de establecementos que se puntúen, as veciñas e veciños participantes poderán gañar distintos premios.

Máis de 40 establecementos de hostalería participarán no XX Concurso de Tapas de Lugo, organizado pola APEHL coa colaboración da área de Turismo