IRIA CASTRO: "É UNHA IRRESPONSABILIDADE POR PARTE DO GOBERNO MUNICIPAL TER CONTADO CON SERVIZOS DE PROFESIONAIS DURANTE ANOS SEN NINGÚN TIPO DE CONTRATO ADMINISTRATIVO"

O BNG de Castroverde expresa a súa preocupación polo orzamentos de 2025 e demandará a creación dunha praza de arquitectura no concello de Castroverde

Iria Castro: "É unha irresponsabilidade por parte do goberno municipal ter contado con servizos de profesionais durante anos sen ningún tipo de contrato administrativo"

O BNG de Castroverde expresa a súa preocupación polo orzamentos de 2025 e demandará a creación dunha praza de arquitectura no concello de Castroverde

 


 

Castroverde 07 de novembro de 2024.- O Bng de Castroverde a través da súa concelleira Iria Castro, expresa a súa preocupación ante a falta de presentación dos orzamentos de 2025 e demandará a creación dunha praza de arquitectura no concello de Castroverde.

A Lei Reguladora das Facendas Locais establece a obriga dos Concellos de remitir ao Pleno da Corporación o orzamento xeral, informado pola Intervención e cos anexos e documentación complementaria, antes do día 15 de outubro para a súa aprobación, emenda ou devolución e o goberno municipal, estamos case a mediados de novembro e aínda non hai proxecto de orzamentos para 2025.

Ademais, a raíz dun informe desfavorable de tesourería-intervención para a aprobación do último suplemento de crédito onde se especificaba que o goberno municipal non ten regulada mediante un contrato administrativo a relación laboral coas dúas arquitectas que prestan servizo, o BNG demanda a creación deste posto para estabilizar un servizo de urbanismo imprescindible nun concello.

Estamos pagando cos cartos de toda a veciñanza por un servizo de 16 horas semanais, ademais os pagos fanse por horas traballadas non por servizo prestado, parecenos un desproposito e facer un uso indebido dos recursos do concello" denuncia a concelleira nacionalista.

"O Bng sempre avogou pola contratación de persoal a través das institucións e non por usar estas para privatizar servizos, que é o que esta a pasar co posto de arquitecta neste concello" explica Castro.

Alén disto, o BNG destacou que é o segundo suplemento de crédito que o goberno aproba a pesar de ter un informe de tesourería-intervención desfavorable, facendo caso omiso dos técnicos do concello.

A voceira, Iria Castro explicou que "por unha parte, estamos ante unha mala xestión de diñeiro público, xa que dende o goberno municipal non se controlan as subas das facturas das profesionais e por outra parte, é unha irresponsabilidade por parte do goberno municipal ter contado con servizos de profesionais durante anos sen ningún tipo de contrato administrativo".

"Dende o BNG de Castroverde presentaranse enmendas ós orzamentos do goberno municipal para a creación desta praza" concluíu Iria Castro

O BNG de Castroverde expresa a súa preocupación polo orzamentos de 2025 e demandará a creación dunha praza de arquitectura no concello de Castroverde