A DEPUTADA DO BNG NO PARLAMENTO GALEGO PARTICIPOU NESTE EVENTO XUNTO CON MILITANTES E SIMPATIZANTES DA ORGANIZACIÓN

Montse Valcárcel achegouse até Cervantes na súa XII Feira de Artesanía e IV Xornada de degustación da Tenreira de Ancares

A deputada do BNG no Parlamento galego participou neste evento xunto con militantes e simpatizantes da organización

Montse Valcárcel achegouse até Cervantes na súa XII Feira de Artesanía e IV Xornada de degustación da Tenreira de Ancares


 

 

Cervantes, 9 de novembro de 2024A deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Valcárcel, visitou San Román de Cervantes na súa IV Xornada de degustación da Tenreira de Ancares e XII Feira de Artesanía.

Neste evento organizado polo CDR Ancares, a Cooperativa A Carqueixa e a Anpa do CPI de Cervantes tamén participaron militantes e simpatizantes do BNG na comarca dos Ancares..

Montse Valcárcel declarou "a potencialidade agrogandeira desta comarca da Montaña é un exemplo da riqueza que ten Galiza, supón un motor económico sustentábel e integrador, onde a produción en extensivo e local son a chave".

Valcárcel destacou que Cervantes merece que " se estableza máis dinamismo económico, fixando riqueza na comarca, o que contribuiría á creación de emprego e o asentamento da poboación, funcións vitais para manter un concello rural como é Cervantes".

Neste sentido, Montse Valcárcel fixo fincapé na calidade da carne producida e protagonista na xornada de hoxe "é fundamental apoiar a produción en extensivo, fomentando o uso da pradaría, incentivando o desenvolvemento de explotacións apegadas ao territorio e dinamizadores do rural, construíndo así un modelo sustentábel e de futuro como son os produtores de Tenreira Galega Suprema"

Montse Valcárcel achegouse até Cervantes na súa XII Feira de Artesanía e IV Xornada de degustación da Tenreira de Ancares