O TENENTE ALCALDE, RUBÉN ARROXO, E A EDIL CRISTINA LÓPEZ VISITARON AO ARTISTA ÁLVARO DE LA VEGA, ENCARGADO DE REALIZAR A IMAXE DE GRAN FORMATO QUE SE COLOCARÁ NUN PUNTO DESTACADO DA ZONA ANTIGA DO CEMITERIO

O Concello de Lugo colocará unha imaxe no Cemiterio Municipal en homenaxe ás persoas asasinadas durante a guerra civil e a dictadura franquista

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a edil Cristina López visitaron ao artista Álvaro de la Vega, encargado de realizar a imaxe de gran formato que se colocará nun punto destacado da zona antiga do Cemiterio

Arroxo anunciou que a imaxe se instalará o vindeiro 21 de novembro a partir das 17 horas

O Concello de Lugo colocará unha imaxe no Cemiterio Municipal en homenaxe ás persoas asasinadas durante a guerra civil e a dictadura franquista

 

 

Lugo, 11 de novembro de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitaron o taller do artista Álvaro González de la Vega onde viron os avances realizados na imaxe coa que a Tenencia de Alcaldía lembrará no Cemiterio Municipal a todas as persoas represaliadas durante a Guerra Civil e a Dictadura. Rubén Arroxo explicou que "adicaremos un espazo destacado do Cemiterio Municipal á memoria, un espazo de lembranza para todas as persoas que sufriron as consecuencias de pensar diferente".

 

A Tenencia de Alcaldía conta co escultor Álvaro de la Vega para a realización desta escultura, que se está a realizar en granito, "e que contará cun importante simbolismo, aumentando a riqueza patrimonial do Cemiterio Municipal", afirmou o Tenente Alcalde, que anunciou que o acto de colocación terá lugar o vindeiro xoves 21 de novembro a partir das 17 horas no Cemiterio Municipal, "garantimos que as familias vítimas da represión teñan antes da final deste ano unha zona onde lembrar aos seus familiares asasinados de forma inxusta polo franquismo".

 

Álvaro González de la Vega

Con vinte e dous anos trasládase a Barcelona para cursar estudos de Belas Artes. Nesta etapa inicial, a pintura é o seu medio habitual de expresión e as súas principais fontes de influencia, a fotografía e o cómic, chegando a explorar o grafiti. É en 1990, tras instalarse en Corcubión, cando comeza a explorar a linguaxe escultórica. Para iso toma como punto de partida a figura, tanto humana como animal. Estas primeiras obras de madeira caracterízanse polo uso da pintura como medio para potenciar o valor expresivo. Durante a década dos noventa, a súa linguaxe escultórica consolídase aparecendo outro tipo de materiais como o ferro, a cerámica ou a pedra. A estatuaria deste escultor sintetiza acentos primitivos, agudizados por un basto sinal xestual ao traballar a madeira, coa consideración do corpo como un elemento capaz.

O Concello de Lugo colocará unha imaxe no Cemiterio Municipal en homenaxe ás persoas asasinadas durante a guerra civil e a dictadura franquista