A CONCELLEIRA DESTACOU A RELEVANCIA DE APOIAR A ARTISTAS GALEGAS QUE AMPLÍAN OS LÍMITES DA EXPRESIÓN ARTÍSTICA A TRAVÉS DE NOVAS LINGUAXES

Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere a exposición 'Pornografía da alma' da artista plástica Ana Fernández

IMG_0005

A mostra estará aberta ao público no espazo das Celas de Mulleres até o 10 de xaneiro do 2025

A concelleira destacou a relevancia de apoiar a artistas galegas que amplían os límites da expresión artística a través de novas linguaxes

Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere a exposición 'Pornografía da alma' da artista plástica Ana Fernández

 

 

 

 

Lugo, 12 de novembro de 2024. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, inaugurou hoxe no Vello Cárcere a exposición 'Pornografía da alma' da artista plástica Ana Fernández. Esta mostra estará aberta ao público ata o 10 de xaneiro do 2025 no espazo das Celas de Mulleres.

Ferreiro indicou que este traballo "convida ás persoas asistentes a coñecer o universo creativo dunha artista que emprega a abstracción para explorar o seu mundo interior", a través dunha selección artística que reflicten unha crítica social ao mundo actual. A artista emprega unha técnica abstracta e matérica, revelando por primeira vez aspectos íntimos da súa psique a través dunha linguaxe visual impactante e profundamente persoal.

Ana Fernández, que comezou a expoñer a súa obra no ano 2020, inclúe nesta mostra traballos de series como Lúa, Multitudes e A Nada. Neles, aborda temas tan diversos como a disolución da percepción individual na observación, a crítica ao consumo masivo de pensamentos procesados e a reflexión sobre a inexistencia da nada. Estas obras, insistiu a concelleira de Cultura, "consolidan á artista como unha voz destacada na arte abstracta contemporánea galega".

Maite Ferreiro destacou a relevancia de apoiar a artistas galegas que exploran e amplían os límites da expresión artística a través de novas linguaxes. "É un orgullo poder achegar ao público de Lugo propostas artísticas tan valentes e orixinais, mergullándonos nun diálogo visual que nos convida a cuestionar".

 

Ana Fernández

Artista plástica (Vilar de Padrenda, Ourense).  Aínda que o seu encontro non foi premeditado, é na abstracción onde Ana Fernández atopa a linguaxe na que poder falar e romper o muro que constrúe ao seu redor a timidez. Animada por Luis Souto, comeza a expor o seu traballo ao público no ano 2020.

 
Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere a exposición 'Pornografía da alma' da artista plástica Ana Fernández