A GALA TERÁ LUGAR O VINDEIRO VENRES, 15 DE NOVEMBRO, E CONTARÁ CON ARTISTAS COMO DANI POLO, DAVID TABOADA, O MAGO RAFA, IRIA ESTÉVEZ OU LA PENÚLTIMA SABINERA

Lugo vólcase coa gala solidaria "calmando tormentas", iniciativa coa que colabora a Tenencia de Alcaldía e que permitirá "recaudar fondos para as persoas afectadas pola Dina en Valencia


A gala terá lugar o vindeiro venres, 15 de novembro, e contará con artistas como Dani Polo, David Taboada, o Mago Rafa, Iria Estévez ou La Penúltima Sabinera

As entradas terán un prezo de 10€ e a recaudación será donada á Cruz Vermella

Lugo vólcase coa gala solidaria "calmando tormentas", iniciativa coa que colabora a Tenencia de Alcaldía e que permitirá "recaudar fondos para as persoas afectadas pola Dina en Valencia



Lugo, 08 de novembro de 2024. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, participou na presentación, xunto con representantes das asociacións organizadoras, da iniciativa solidaria Calmando Tormentas, unha gala que se celebrará o vindeiro venres 15 no Auditorio Gustavo Freire e que permitirá recaudar fondos para as persoas afectadas pola Dina. Arroxo destacou que "desde o Concello de Lugo quixemos colaborar con esta iniciativa solidaria cuxos fondos se destinarán a axudar a todas as familias de Valencia afectadas pola Dina".

A gala terá lugar o venres 15 a partir das 21 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, e contará con espectáculos a cargo de Dani Polo, David Taboada e Jairo, o Mago Rafa, Iria Estévez ou La Penúltima Sabinera, en formato acústico.

As entradas teñen un prezo de 10€, que se enviarán integramente ás persoas afectadas a través da Cruz Vermella, e poden adquirirse nas instalacións da Cruz Vermella. A asociación Lugo Monumental, promotora do acto, habilitou tamén unha conta para recibir doacións ás persoas que non poidan acudir á gala. Pode consultarse toda a información no portal lugomonumental.org

Lugo vólcase coa gala solidaria "calmando tormentas", iniciativa coa que colabora a Tenencia de Alcaldía e que permitirá "recaudar fondos para as persoas afectadas pola Dina en Valencia