NON EXISTE UN SERVIZO DE TRANSPORTE QUE ATENDA AS NECESIDADES EXISTENTES, ESPECIALMENTE NO CASO DAS PERSOAS MAIORES PARA COUSAS TAN BÁSICAS COMO ACUDIR ÁS CONSULTAS SANITARIAS.

O BNG DEFENDERA NO PARLAMENTO A CREACIÓN DE TRANSPORTE A DEMANDA NA COMARCA DOS ANCARES

Non existe un servizo de transporte que atenda as necesidades existentes, especialmente no caso das persoas maiores para cousas tan básicas como acudir ás consultas sanitarias.

 

"Nesta comarca viven moitas persoas maiores que non se poden desprazar para facer recados básicos e dependen sempre de terceiras persoas "expllica Olalla Rodil

O BNG DEFENDERA NO PARLAMENTO A CREACIÓN DE TRANSPORTE A DEMANDA NA COMARCA DOS ANCARES

 

Becerreá, 2 de decembro de 2024.- O Bloque Nacionalista Galego impulsará no Parlamento Galego a creación de un transporte á demanda na comarca dos Ancares. Esta medida inclúese dentro das emendas que o BNG presentou aos orzamentos da Xunta para o exercicio do 2025.

A comarca dos Ancares caracterízase por unha gran dispersión da poboación, con tempos de desprazamento importantes. Para boa parte da xente da comarca ir ao centro de saúde ou as dependencias municipais esixe bastante tempo. Non existe un servizo de transporte que atenda as necesidades existentes, especialmente no caso das persoas maiores para cousas tan básicas como acudir ás consultas sanitarias. Isto constitúe unha clara discriminación para as persoas que viven no rural fronte ás que se poden beneficiar dun transporte público subvencionado nas zonas urbanas. O servizo prestaríano os taxis dos concellos e resultaría gratuíto para os usuarios.

Este servizo é cada día máis necesario polos recortes na atención sanitaria que a Xunta veu executando nos últimos anos. Valla como exemplo a falta de atención medica no consultorio de Doiras en Cervantes a maior parte dos dias da semana o que obriga a desprazarse a San Roman; ou as reiteradas faltas de atención medica en distintos centros de saúde pola non cobertura das baixas o que obriga a desprazarse a outras localidade. Nesta comarca no0n existe un transporte en autobús que permita realizar estes desprazamentos. Ademais o crecente avellentamento da poboación agrava esta problematica.

A este respecto, a deputada no Parlamento Galego do BNG ,Olalla Rodil sinalou que "implementar un servizo como este sería moi positivo para o sector do taxi da zona pero ademais daría un servizo esencial que a veciñanza precisa".

A deputada nacionalista quixo destacar que hoxe por hoxe hai moitas persoas maiores que non se poden desprazar para ir ao médico, a compra ou a farmacia e que dependen de terceiras persoas "con este modelo calquera veciño que o solicite terá un transporte para desprazarse para facer trámites do seu día a día".

Olalla Rodil tamén destacou que o servizo de transporte a demanda é un servizo que funciona con éxito en concellos do resto do país. e que permitiría unha vertebración da comarca e unha mellora da mobilidade que melloraría de maneira importante as condicións de vida da veciñanza da comarca dos Ancares.

O BNG DEFENDERA NO PARLAMENTO A CREACIÓN DE TRANSPORTE A DEMANDA NA COMARCA DOS ANCARES