ARROXO: "A XUNTA TEN UNHA SOLUCIÓN MOI SINXELA PARA AUMENTAR A DISPOÑIBILIDADE DE ESTACIONAMENTO NA CONTORNA DO CENTRO, CON SÓ DARLLE A UN BOTÓN PODEN HABILITAR UN IMPORTANTE NÚMERO DE PRAZAS"

O BNG de Lugo reclama á Xunta de Galiza que abra os aparcadoiros nos seus edificios co comezo da época de compras de Nadal


Arroxo: "A Xunta ten unha solución moi sinxela para aumentar a dispoñibilidade de estacionamento na contorna do centro, con só darlle a un botón poden habilitar un importante número de prazas"


O BNG insta á Xunta a abrir os aparcadoiros do Edificio Administrativo, do IES Virxe do Ollos Grandes e Lucus Augusti e da contorna da Facultade de Formación do Profesorado

O BNG de Lugo reclama á Xunta de Galiza que abra os aparcadoiros nos seus edificios co comezo da época de compras de Nadal




Lugo, 03 de decembro de 2024. O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, reclamou unha vez máis á Xunta de Galiza que abra os aparcadoiros do Edificio Administrativo da Xunta, e dos IES Virxe do Ollos Grandes e Lucus Augusti e da contorna da Facultade de Formación do Profesorado "optimizando o espazo público para o estacionamento de vehículos, e garantindo máis capacidade de estacionamento na contorna do centro da cidade de Lugo", anunciou o portavoz do BNG, que engadiu "este sábado moitas persoas van achegarse ao centro a comezar a realizar as súas compras de Nadal no pequeno comercio da cidade, é o momento idóneo para darlle a un botón e abrir estes espazos".

O BNG continúa demandando ao Goberno galego a apertura dos aparcadoiros en edificios dependentes da Xunta de Galiza. O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, lembrou "o exemplo de como as institucións poden poñer á disposición das veciñas e veciños as infraestruturas públicas, tal e como aconteceu coa apertura ao público, polas tardes, do aparcadoiro do Seminario". Arroxo, criticou a postura do PP "marxinando á cidade de Lugo desde a Xunta mentes pide que desde o Concello se asuma máis traballo". O portavoz  explicou que "o PP quéixase de falta de espazos de estacionamento, pero non é capaz de colaborar para solucionalo"

Na cidade de Lugo existen outros espazos, neste caso xestionados pola Xunta de Galiza, que poderían ampliar a capacidade de estacionamento na contorna do centro e que beneficiaría o acceso das veciñas e veciños a esta zona. Para Rubén Arroxo "é positivo que se incremente o número de prazas de aparcadoiro na zona do parque e da Avenida Ramón Ferreiro aproveitando os aparcadoiros do IES Virxe do Ollos Grandes, Lucus Augusti e da contorna da Facultade de Formación do Profesorado", con prazas reservadas as 24 horas para vehículos autorizados durante o periodo escolar e que, sobre todo agora no verán, poderían empregar o público xeral, explica. O portavoz do BNG tamén ve necesario "paliar a perda de prazas de estacionamento na Estación de Tren co inicio da construción da nova intermodal, podendo empregarse as prazas do aparcadoiro do Edificio Administrativo da Xunta nun horario no que menos afecte á xornada do persoal".

O BNG de Lugo reclama á Xunta de Galiza que abra os aparcadoiros nos seus edificios co comezo da época de compras de Nadal