O GOBERNO DE LUGO RENOVA O ASFALTO DA CONTORNA DO MURO, CUXA RECONSTRUCCIÓN CONTINÚA A AVANZAR
Continúa a renovación da contorna de Frai Plácido Rei Lemos co asfaltado da rúa
O Goberno de Lugo renova o asfalto da contorna do Muro, cuxa reconstrucción continúa a avanzar
O novo muro creará unha nova zona de paseo accesible entre o barrio de Recatelo e o Parque de Rosalía
Lugo, 02 de decembro de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas visitaron a rúa Frai Plácido Rei Lemos, onde hoxe comezaron os traballos de asfaltado do treito desta rúa afectado pola reconstrucción do muro.
A Tenencia de Alcaldía realiza esta actuación, que consiste na renovación do firme en todo o seu espesor cunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, de xeito paralelo á reconstrucción do muro, obra da que o Tenente Alcalde destacou o bo ritmo de avance.
Esta reconstrucción busca mellorar a integración paisaxística do muro, ao mesmo tempo que elimina a barreira arquitectónica que supón a diferencia e cotas, aplicando criterios como a o respecto polo entorno e a calidade estética da solución. A diferencia de alturas conta cunha solución orgánica e integrada na contorna, "escalonando o muro en distintos bancais, o que mellora o impacto visual da estrutura", explicou Rubén Arroxo.
O Tenente Alcalde destacou que esta actuación "crea un percorrido accesible para toda a veciñanza cunha rampa pola fronte do muro, na zona que parte do final do Paseo Vila de Foz, que remate na rúa Cidade de Viveiro, conectando o barrio de Recatelo co Parque sen barreiras arquitectónicas, avanzando nunha cidade máis accesible para todas e todos", declarou o Tenente Alcalde.
No primeiro dos bancais, o máis próximo á rúa Frai Plácido Rei Lemos, construíuse unha zona completamente axardinada, "creando un novo espazo verde na cidade para o desfrute de toda a veciñanza, e avanzando no obxectivo de crear un gran pulmón verde nas rúas de Lugo, reducindo a temperatura do pavimento especialmente nos días de máis calor", afirmou Rubén Arroxo. O segundo dos bancais contará cunha praza arbolada, plantexada como un pequeno espazo de descanso para a veciñanza. Este bancal permitirá dar unha imaxe máis orgánica ao conxunto ao mesmo tempo que consigue unha mellor integración do muro coa contorna e reduce o impacto paisaxístico.