A DEPUTADA NO PARLAMENTO GALEGO, MONTSE VALCÁRCEL, TRASLADOU A TRAVÉS DE EMENDAS DOS ORZAMENTOS DA XUNTA A RECUPERACIÓN DE TERRAS PARA USO AGROGANDEIRO

O BNG da Fonsagrada propón no Parlamento Galego a recuperación de terras para uso agrogandeiro

A deputada no Parlamento galego, Montse Valcárcel, trasladou a través de emendas dos orzamentos da Xunta a recuperación de terras para uso agrogandeiro

O BNG da Fonsagrada propón no Parlamento Galego a recuperación de terras para uso agrogandeiro


 

Fonsagrada, 02 de decembro de 2024. O BNG da Fonsagrada, a través da deputada Montse Valcárcel, presentou emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para o 2025. Unha destas emendas fai referencia a recuperación de terra agrogandeira.

Na Galiza temos unha Lei de recuperación de terra agraria que ten como obxectivo loitar contra o abandono e infrautilización das terras e facilitar unha base territorial suficiente a aquelas explotacións que a precisan, mais atopámonos que esta lei é só en papel pois este modelo o único que permite é que cada vez máis teñamos plantacións de eucaliptos por todo o país.

deputada do BNG por Lugo, Montse Valcárcel , visitou unha explotación gandeira na Fonsagrada onde explicou o motivo polo cal se presenta esta emenda Unha emenda que pretende "dar unha resposta á falta de superficie para a produción, e garantir o mantemento dos terreos rurais".

A deputada nacionalista explicou que con esta emenda "pretendese chamar a atención sobre a falta de terra agraria cara a garantir a dispoñibilidade de terreos para o sector gandeiro ou o cultivo, optimizando os recursos das distintas explotacións para garantir a súa viabilidade". Tamén se pretende apoiar aos produtores e produtoras, con medidas como a mobilización de 100.000 hectáreas de superficie agraria útil para facilitar o uso agrogandeiro das que están abandonadas.

"Abandono da actividade agrogandeira, abandono poboacional, caos forestal por exceso de biomasa e falta de relevo xeracional nas explotacións son as consecuencias da política agraria que esta levando a cabo o goberno da Xunta" denunciou Valcárcel. Terras que no pasado tiñan uso agrícola, que eran aptas para o cultivo forraxeiro e alimentar, "hoxe están plantadas con eucalipto, moitas de xeito ilegal sen que a Xunta faga cumprir a lei" concluíu Montse Valcárcel.

O BNG da Fonsagrada propón no Parlamento Galego a recuperación de terras para uso agrogandeiro