OS FONDOS DE REMANENTES DEBEN DE INVESTIRSE EN CREAR EMPREGO E NA XENTE QUE MÁIS O NECESITA"
O BNG mantivo unha xuntanza con diversos colectivos sociais para explicarlles as súas propostas para os remanente municipais
Lugo, a 18 de xuño de 2013. Concelleiros e o responsábel local do BNG mativeron unha xuntanza con representantes de diversos colectivos sociais para explicarlles cales serán as propostas que a formación nacionalista fará para destinar os fondos dos remanentes procedentes de exercicios orzamentarios anteriores. Na xuntanza de hoxe estiveron representados Stop Desafiuzamentos, Asamblea de Desempregados de Lugo e Colectivo pola Renda Básica. O responsábel local do BNG, Alexandre Penas, resaltou que decidimos empezar esta rola de xuntanzas cos colectivos que loitan máis enérxcamente polos que menos teñen.
O BNG presentaralle ao goberno municipal de Lugo unha proposta para investir unha parte dos 2,4 millóns de euros cos que conta o Concello procedentes dos remanentes doutros exercicios orzamentarios. Alexandre Penas informou que o pleno, no que se decidirán os investimentos aos que se adicarán estes remanentes, celebrarase o vindeiro día 27 de xuño. Penas dixo que o BNG presenta propostas claras e concretas e hai que dedicar estes cartos á xente. Os nacionalistas plantexan un Plan de Emerxencia Económica, destinado a fomentar e protexer o emprego e a viabilidade das pequenas empresas e autónomos. Outra das propostas do BNG é un Plan de Emerxencia Social para garantir a cobertura das necesidades básicas das persoas e a ampliación do plan de axudas ao alugueiro de vivenda.
Alexandre Penas lembrou que o BNG xa anunciara que ía a plantexar estas propostas despois de que o Pleno do Concello aprobara, co voto en contra dos nacionalistas, destinar 600.000 dos remanentes a mercar accións da Sociedade Anónima Deportiva que constituirá o CD Lugo. As propostas do BNG, para que o goberno do concello inclúa no plan de investimentos, estarán divididas en dous eixos fundamentais e supoñen un montante económico total de 850.000 . Por unha banda os nacionalistas pedirán a creación, con 600.000 , do que dende o BNG definiron como plan de emerxencia económica e por outra banda esixirán que se destinen fondos, un total de 250.000 , aos servizos sociais e a incrementar a bolsa de alugueiro de vivenda.