OROZCO ESTÁ A UTILIZAR O CONCELLO PARA DEFENDER OS INTERESES DE URBASER

OROZCO ESTÁ A UTILIZAR O CONCELLO PARA DEFENDER OS INTERESES DE URBASER

A voceira do BNG relatou como a empresa négalle o material aos traballadores que cobren os servizos mínimos 

Para o BNG "a empresa Urbaser ten, coa colaboración do PSOE" sometidos aos veciños de Lugo a unha situación que se prolonga xa máis de 40 días

 “A empresa actúa desta maneira porque conta coa axuda do Goberno municipal” dixo Paz Abraira

 Lugo, 24 de xullo 2014. Para o Bloque Nacionalista Galego as últimas actuacións da empresa Urbaser poñen de manifesto que non teñen ningunha intención de facerlle fronte realmente á limpeza da cidade. No día de onte utilizaron a Policía Local para impedirlle aos traballadores do cadro de persoal de Lugo  que realizasen o seu traballo, obrigándoos a baixar dos vehículos aos que acababan de subir para iniciar a recollida do lixo nos puntos de alerta sanitaria. Para a Portavoz do BNG, Paz Abraira,  o sr.  Orozco,  alcalde de Lugo, "emprega a estes funcionarios municipais para velar polos intereses da empresa Urbaser".

O papel que este goberno que se di socialista está a adoptar neste conflito laboral está claramente do lado da empresa, como xa puxo de manifesto ao afearlle aos traballadores non ter aceptado a proposta do mediador. "Nembargantes non lle afeou a actitude a empresa cando foi o cadro de persoal o que dixo que si ao mediador e a empresa foi a que se negou a aceptar a primeira proposta".

Para o BNG "a empresa Urbaser ten, coa colaboración do PSOE" sometidos aos veciños de Lugo a unha situación que se prolonga xa máis de 40 días.  Esta tarde a empresa Urbaser fixo que os traballadores que se incorporaron ao turno de tarde para cumprir os servizos mínimos decretados tivesen que saír a facer o seu traballo sen ningún tipo de material. Só lles entregaron bolsas de plástico para ir baleirar papeleiras, o que demostra o seu nulo interese por cumprir o que lles marcou o concello.

Para a portavoz do BNG, Paz Abraira "está claro que a empresa quere impedir que os traballadores en folga fagan o seu traballo, e por iso non lles deixa acceder aos camións nin ao material". Abraira afirmou que "a empresa actúa desta maneira porque conta coa axuda do goberno municipal"  e así,  "aínda que incumpre os servizos mínimos non lle pasa nada". Desta maneira pretende "poñer en evidencia aos traballadores porque sabe de primeira man que para iso vai contar coa axuda inestimable do alcalde de de Lugo, que prefire seguirlle pagando a Tragsa cos cartos de todos que esixirlle a Urbaser unha saída inmediata e negociada ao conflito laboral".

OROZCO ESTÁ A UTILIZAR O CONCELLO PARA DEFENDER OS INTERESES DE URBASER