PAZ ABRAIRA CRITICA A SUMISIÓN DE OROZCO ANTE AS AGRESIÓNS DE SOGAMA Á CIDADANÍA LUGUESA

PAZ ABRAIRA CRITICA A SUMISIÓN DE OROZCO ANTE AS AGRESIÓNS DE SOGAMA Á CIDADANÍA LUGUESA

A concelleira nacionalista reclamoulle ao Goberno socialista que aposte polas alternativas a este modelo fracasado

O BNG reclámalle coherencia e firmeza aos socialistas e que deixen de ser cómplices das agresións das políticas do PP á cidadanía

 LUGO, 28 de decembro de 2013. A concelleira do BNG Paz Abraira  amosou o seu abraio coa presentación esta semana no Concello de Lugo de 100 composteiros para a zona rural por parte do presidente de SOGAMA e o alcalde López Orozco. A nacionalista dixo que “para o BNG resulta absolutamente indignante que o presidente de SOGAMA Luis Lamas se atreva a dicir que os concellos que incumpran o pago do incremento decidido unilateralmente pola Xunta serán sometidos aos ditados da xustiza”, isto diante do alcalde de Lugo. “O goberIMG_1819no de Lugo debeu de aproveitar ese acto para dicirlle a SOGAMA e ao Partido Popular que Lugo non está disposto a facerlle fronte a un pago que o único que vai facer é perxudicar aos veciños e as veciñas de Lugo”

SOGAMA coa inestimable submisión do alcalde socialista Orozco está baleirando mais as carteiras de todos e todas as luguesas, sen ningún tipo de servizo a maiores nin outra xustificación que sacar beneficio dunha empresa pública galega a costa de apertar á cidadanía. O incremento para o Concello de Lugo estímase en máis de 700.000 euros.

Reunión de alcaldes do 21 de decembro

Paz Abraira lembrou que o pasado 21 de decembro, días antes da visita de Luís Lamas, un gran número de alcaldes nacionalistas e socialistas reuníronse en Santiago de Compostela para consensuar as medidas a tomar ante este novo atraco do Partido Popular. Entre os acordos que se tomaron figuran seguir a pedir a dimisión de Luís Lamas, interpor un recurso xudicial, realizar concentracións e manifestacións públicas como a colocación de pancartas nos Concellos, e negarse totalmente a asumir esta subida unilateral.

Así mesmo, ante a constatación da inviabilidade de SOGAMA apostouse por buscar activamente alternativas a este modelo.

É inconcibible – dixo a nacionalista -  a postura que o socialismo da cidade de Lugo mantén, dándolle aire a un modelo fracasado, e sen pulso político para liderar políticas alternativas.

Moción no concello de Lugo

A concelleira nacionalista lembroulle ao grupo socialista a moción do BNG aprobada no último pleno municipal do 2 de decembro relativa a esta Sociedade pública. Nesta moción ademais de esixir a retirada do incremento do canon de Sogama que o goberno do PP na Xunta quere aplicar en 2014  incidíase na necesidade de apostar por proxectos comarcais de reciclaxe e compostaxe, en contraposición ao inviable social, e agora tamén economicamente, modelo da incineración que representa SOGAMA. Nesta moción o Pleno do Concello de Lugo aprobou asemade pedir a dimisión do seu actual presidente Luís Lamas.

PAZ ABRAIRA CRITICA A SUMISIÓN DE OROZCO ANTE AS AGRESIÓNS DE SOGAMA Á CIDADANÍA LUGUESA