PAZ ABRAIRA CRITICOU A FALTA DE COORDINACIÓN NO GOBERNO LOCAL

Paz Abraira amosando fotografías de cartelería con contidos que denigran a imaxe da muller
PAZ ABRAIRA CRITICOU A FALTA DE COORDINACIÓN NO GOBERNO LOCAL

A nova ordenanza reguladora de publicidade exterior  non contempla os acordos do Foro de Igualdade do propio concello de Lugo

A edil nacionalista denunciou a existencia de publicidade que  da a entender; que en determinados lugares; se poden adquirir mulleres a prezo de saldo

Lugo, 19 de novembro de 2013. A edil nacionalista, Paz Abraira, anunciou que o BNG trasladou unha queixa ao foro de igualdade en relación ao contido da nova ordenanza reguladora da publicidade exterior. Abraira dixo que “á falta dunha análise máis detallada da ordenanza presentada onte o que puidemos comprobar é que non hai ningunha mención específica á publicidade sexistas”. Esta nova ordenanza non contempla ningún apartado no que se recolla o acordado polo Foro de Igualdade do concello de Lugo sobre o uso da imaxe da muller. O BNG solicitou, tamén, que esta ordenanza non se leve a

Paz Abraira amosando fotografías de cartelería con contidos que denigran a imaxe da muller

pleno ata que exista un informe da casa da muller con todo o relacionado coa publicidade sexista.

Abraira cargou contra o goberno municipal e criticou a falta de coordinación entre as diferentes concellerías asegurando que “neste goberno municipal a man dereita non sabe o que fai a man esquerda”. Quedou demostrado que o departamento de urbanismo non se puxo en contacto coa casa da muller á hora de redactar esta norma. Paz Abraira dixo que “é sorprendente que a ordenanza, que o concelleiro de urbanismo presentou onte publicamente, non fora trasladada á casa da muller para que se tiveran en conta os acordos tomados polo foro de igualdade”.

No mes de setembro o BNG propuxo, no Foro de Igualdade do concello de Lugo, que o goberno regulase a publicidade para que non se denigrase a imaxe da muller. Ademais, segundo lembrou Abraira, o Pleno municipal aprobou, cos votos en contra do PP, unha proposición do BNG que incluía o mandato ao concello de elaborar unha ordenanza reguladora da publicidade que garanta que non se poida denigrar a imaxe da muller, nin empregala como reclamo publicitario. Abraira dixo que “a inclusión destas cuestións na nova ordenanza suporá un traballo eficaz no control do uso da imaxe da muller como reclamo” e “evitariamos ter que soportar a exiestencia de cartelóns de publicidade, á entrada do concello de Lugo, onde o corpo da muller se utiliza como reclamo e se da a entender que en determinados lugares se poden adquirir mulleres a prezo de saldo”.

PAZ ABRAIRA CRITICOU A FALTA DE COORDINACIÓN NO GOBERNO LOCAL