“OS PROBLEMAS REAIS DA XENTE NON SE VEN NAS CATRO PAREDES DA CASA CONSISTORIAL, SENÓN NOS BARRIOS”

“OS PROBLEMAS REAIS DA XENTE NON SE VEN NAS CATRO PAREDES DA CASA CONSISTORIAL, SENÓN NOS BARRIOS”

Rubén ArroxoO voceiro do BNG afirmou que “parece que a única preocupación do PSOE está nos despachos para asentar ao seu gabinete e asignarse bos salarios”

Arroxo dixo que algúns barrios da cidade precisan dun plan de intervención urxente para manter unha cidade viva e axeitada para as persoas

Lugo, 16 de xullo 2015. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que “agora que están as comisións constituídas, comezaremos a reivindicar servizos e melloras para os barrios da cidade”. Rubén Arroxo lembrou que “durante toda a campaña electoral visitamos os barrios e falamos coa xente para coñecer as súas necesidades, agora cumpriremos coa nosa obriga para facer que Lugo sexa unha cidade para as persoas”.

Arroxo dirixiuse directamente á liña de actuación que debe de seguir o goberno e dixo que “os problemas reais da xente non se ven nas catro paredes da casa consistorial, senón nos barrios”  e engadiu que “parece que a principal preocupación do PSOE nestes días estivo en pactar co PP  asentar ao seu gabinete e asignarse bos salarios”. O voceiro do BNG afirmou que “veciños e veciñas están empezando a contactar co BNG para solucionar os seus problemas por que saben que defendemos os seus problemas”.

“Está moi ben que PP e PSOE traten de centrar o foco de atención no Garañón pero as persoas viven nos barrios e alí é onde hai que facer traballo para mellorar as condicións de vida da xente” dixo Rubén Arroxo. “O tema do Garañón vaise decidir nos xulgados e entendemos que PP e PSOE están nerviosos por este asunto xa que, como todo o urbanismo desta cidade, foi cociñado a medias entre os dous” afirmou Arroxo.

Perigo de derrubamento de fachadas no barrio Feixoo

O BNG – AA levará unha iniciativa á comisión correspondente para que o concello de Lugo tome as medidas necesarias para previr posibles derrubamentos de edificacións cun alto grado de deterioro no barrio Feixoo. Ademais os nacionalistas pediran que se garanta a limpeza de predios que aínda permanecen sen pechar nesta zona da cidade e que son foco de sucidade e provocan malestar entre o vecindario. Rubén Arroxo e Maite Ferreiro reuníronse cun grupo de veciños e veciñas que lles trasladaron algunhas das melloras que precisa o barrio.

“OS PROBLEMAS REAIS DA XENTE NON SE VEN NAS CATRO PAREDES DA CASA CONSISTORIAL, SENÓN NOS BARRIOS”