ROSANA PÉREZ ACUSOU AO PP DE ENGANAR Á CIDADANÍA CON TRENS A MADRID E DESMANTELAR O FERROCARRIL
O BNG anunciou presentará unha Proposición non de Lei no congreso para pedir que se desvie o trazado da autovía Lugo Santiago e se preserven os achádegos arqueolóxicos de Coeses
A Deputada nacionalista acusou ao goberno do PP de abandoar as estradas estataisde Lugo aoeliminar as partidas orzamentarias para melloras
Lugo, a 10 de xuño de2013. ADeputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, mantivo en Lugo unha xuntanza de traballo con cargos orgánicos e institucionais do BNG para coñecer os problemas da comarcade Lugo derivadosda falta de investimentos por parte do goberno do estado. Tras a xuntanza a deputada nacionalista definiu, en rolda de prensa, tres dos aspectos nos que Lugo, e a súa comarca, son agraviados polas políticas do PP no goberno do estado: o ferrocarril, o mantemento das estradas estatais e o desvío do trazado da autovía Lugo Santiago en Coeses para salvagardar os achádegos arqueolóxicos alí aparecidos.
Na súa comparecencia ante os mediosde comunicacióna deputada do BNG no congreso dixo que Todos veciños e veciñasde Lugo ven, cada pouco, como as provinciasde Lugo eOurenseaparecen nos postos de cola de todos indicadores estatais Rosana Pérez explicou que esto ten unha razón de ser e é que os sucesivos gobernos do estado nunca fixeron nada para que Lugo saíse deses últimos postos e o actual goberno do PP segue afondando en desenrolar políticas para que esto continúe a ser así. Rosana Pérez foi presentada pola responsábel comarcal do BNGde Lugo,Esther López, como a deputada do congreso que ´máis leva feito por Lugo no congreso xa que os outros deputados e deputadasde PPe PSOE nin fan, nin se espera que fagan. Neste mesmo senso, Rosana Pérez, acusou a Joaquín García Díez de vir de fin de semanaa Lugo paraanunciar trensa Madridmentres que os servizos ferroviarios se deterioran e empeoran co seu aplauso e beneplácito.
Rosana Pérez referiuse especialmente ao desmantelamento dos servizos ferroviarios e ao intento dos deputados do PP por Lugo de enganar á cidadanía anunciando as bondades dos trensa Madridmentres desmantelan o sistema ferroviario. O ministerio de Fomento disfraza o desmantelamento do ferrocarril galego con esa gran novidade que é o incremento de trensa Madrid. Rosana Pérez dixo que Galiza era unha das poucos lugares que non contan, neste momento, cun sistema de trens de cercanías e que resulta incríbel que, a díade hoxe, a cidadede Lugo nonesté conectada coa capitalde Galiza.Para o BNG, segundo Rosana Pérez, non é de recibo que no eixo Guitiriz Lugo Sarria Monforte, que comunica os núcleos con máis poboación da zona interior, se esten a reducir frecuencias, a maiores das paradas que xa se teñen reducido nos últimos anos.
Rosana Pérez referiuse tamén a que o BNG presentará, no congreso, unha Proposición non de Lei para que se proceda a desviar o trazado da autovía Lugo-Santiago para preservar os restos arqueolóxicos de Coeses. O BNG xa presentou varias preguntas a respecto destes achados. Rosana dixo que os galegos e galegas saben que esta autovía, por orden da ministra, dis que tamén galega, vai a ficar paralizada ata o ano2015. O BNG instará ao ministerio de Fomento a que aproveite esa paralización para facer un estudio dun novo tradazado que desvíe a A-54 dos restos arqueolóxicos aparecidos. Rosana Pérez fixo mención ás estradas de titularidade provincial que permanecen cortadas, dende hai máis de tres anos, por mor das obras da A-54. Segundo a deputada do BNG en ningún país civilizado normal sucede esto. O BNG demandará do estado que transfira fondos para que concellos e deputación poidan manter as vías alternativas que veciños e veciñas utilizan como alternativa a estas que permanece cortadas e que están a sufrir un importante deterioro.
Ademais a Deputada do BNG acusou ao goberno do PP de eliminar fondos dos orzamentos do estado para o mantemento das estradas de titularidade estatal na provincia de Lugo. Rosana Pérez dixo que é certo que o ministerio de Fomento ben de anunciar algo máis de 7 millóns de euros para os próximos catro anos para arranxo de estradas na provinciade Lugopero explicou que nese lote aparecen todas as estradas que precisan un mantemento continúo pero non aparecen estradas que necesitan arranxos urxentes como é o caso da N-640 Lugo - Meira. Rosana Pérez lembrou que o BNG xa demandou do ministerio de Fomento o arranxo desta estrada, que é unha das que máis tráfico soporta, e dixo que parece que o ministerio de Fomento descoñece cales son as estradasde Lugo queprecisan un amaño máis urxente.