Rubén Arroxo centra a súa actividade en Pireo en promover actividades lúdicas para máis os pequenos

Rubén Arroxo centra a súa actividade en Pireo en promover actividades lúdicas para máis os pequenos

IMG-20160412-WA0007bRubén Arroxo destacou a presenza dun enorme número de nenas e nenos que “non teñen nada que facer en todo o día e que o seu fogar é un tenda de campaña ou un pavillón”

As temperaturas foron incrementándose e no día de onte alcanzaban preto dos 30 ºC, o que complica as complicacións para as condicións de vida

Lugo, 13 de abril 2011. O concelleiro do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, continúa coa súa implicación como voluntariado en Pireo (Grecía). Ademais de cubrir os turnos de traballo que se lle asignan nas xuntanzas de autoorganización do voluntariado, que se celebran todos os días ás 23:00, Arroxo está centrado en realizar e promover actividades lúdicas para as nenas e nenos do campamento.

Arroxo explicou que o número de menores que se atopan no campamento é elevadísimo “contribuimos a que a estancia aquí lles sexa máis doada”. Rubén Arroxo explicou que durante todo o día as crianzas non teñen ningunha actividade nin nada que facer “hai que darse conta de que o seu fogar é unha tienda de campaña ou unhas colchonetas nun pavillón”. Nos últimas días as temperaturas foron incrementándose e no día de onte alcanzaban preto dos 30 ºC o que complica as condicións de vida que teñen as persoas alí instaladas.

O grupo de voluntarios no que está integrado o edil lucense transladou, despois dos primeiros días, a súa actividade ao campamento situado a 1 km de distancia da primeira ubicación. Neste campamento hai miles de persoas entre as que se atopan moitos menores. Arroxo sinalou que a maioría dos refuxiados continúan agardando a ser trasladados a campamentos nos que as infraestruturas sexan mellores.

Rubén Arroxo centra a súa actividade en Pireo en promover actividades lúdicas para máis os pequenos