O BNG denuncia en Lugo a "vergoñenta" política da UE coas persoas refuxiadas nun acto simbólico
Maite Ferreiro expresou o rexeitamento do BNG á política inhumana que soportan miles de refuxiad@s por parte das institucións europeas, unha política que nos avergoña, dixo.
Lugo, 16 de Abril 2016 - O BNG celebrou esta mañá un acto simbólico de protesta en diferenteslugares emblemáticos do país para chamar a atención sobre a crise humanitaria dos e das refuxiadas, reclamar a anulación inmediata do acordo UE-Turquía e reivindicar unha política de asilo que dea acollida ás miles de persoas que petan nas portas de Europa fuxindo da guerra ou da miseria.
No acto, que tivo lugar na Muralla, en concreto na porta de Bispo Aguirre, participou a concelleira do BNG no Concello de Lugo, Maite Ferreiro. A nacionalista expresou o rexeitamento do BNG á política inhumana que soportan miles de refuxiad@s por parte das institucións europeas, unha política que nos avergoña, dixo.
O Bloque pide a ruptura do ilegal e inmoral acordo pactado co goberno de Ankara que permite mercadear con seres humanos, ao tempo que denunciao cinismo do Estado español que, despois de comprometerse a recibir a miles de refuxiados, só tenacollido a 18 persoas.
O BNG lembrou tamén que estas persoas escapan de guerras provocadas precisamente pola política imperialista practicada ou auspiciada tanto desde Europa como desde EEUU, sinalou Ferreio neste acto simbólico na Muralla de Lugo onde se despregou unha pancarta co lema Galiza c@s refuxiados.