O BNG da Fonsagrada lamenta que López impoña unha suba de impostos "innecesaria e socialmente inxusta"

Rosa Rego recrimínalle ao goberno municipal a suba de impostos e "ter que facerlle pagar á veciñanza a mala xestión do equipo de goberno"

O BNG da Fonsagrada lamenta que López impoña unha suba de impostos "innecesaria e socialmente inxusta"

A Fonsagrada01 de xullo de 2024.O Bloque Nacionalista Galego da Fonsagrada lamenta que o Goberno municipal do PSOE vaia levar a pleno do vindeiro xoves unha suba xeneralizada dos impostos e taxas municipais. Un aumento, do 36no imposto dos vehículos, entre un 50% e un 100% no ICIO, ou unha suba do IBI do 50% nas fincas rústicas e un 60% nas fincas urbanas, que as nacionalistas consideran que "a veciñanza non ter porque pagar a mala xestión do goberno" xa que vai castigar especialmente as rendas máis baixas e os fogares con menores recursos.

 

Ademais diso tamén se eliminan as exencións existentes no IAE durante os cinco primeiros anos de instalación dunha empresa, "esta é a aposta que o goberno do Sr. López fai para favorecer a implantación de empresas no concello?" preguntase Rego.

 

Dende o BNG da Fonsagrada denunciamos en retiradas ocasións a mala xestión que este goberno esta a facer co diñeiro de todas as fonsagradinas e por iso non entendemos que "a veciñanza teña que pagar a mala xestión deste equipo de goberno, pois non temos culpa de que o equipo de goberno non fora actualizando os impostos anualmente e agora pretenda meterlle este sablazo á veciñanza" explicou Rosa Rego

 

O BNG da Fonsagrada entende que os impostos son precisos para ter servizos públicos e que todos temos que pagalos para mellorar o concello, "mais non entendemos que se faga tal subida toda xunta e de golpe" recalcou a concelleira nacionalista

O BNG da Fonsagrada lamenta que López impoña unha suba de impostos "innecesaria e socialmente inxusta"