MAITE FERREIRO DESTACOU “A CREATIVIDADE DAS PARTICIPANTES, QUE DECIDIRON FACELO NUN MOMENTO COMPLICADO COMO O CONFINAMENTO”
133 relatos curtos competiron no Certame de Mircorrelatos do MIHL
As tres persoas premiadas recibiron vales por valor de 300€ para gastar en librarías de Lugo
Lugo, 12 de agosto de 2020. No día de hoxe tivo lugar no MIHL a entrega de premios do certame de Microrrelatos que organizou o museo durante o confinamento, enmarcado nas actividades do Día das Letras Galegas. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro destacou na entrega de premios “a creatividade das persoas que decidiron presentarse a este certame nun momento complicado como foi o confinamento derivado da crise do COVID-19”.
O xurado, formado por Tonina Gay, xornalista e presidenta do Clube Cultural Valle Inclán, Marcos López, axente cultural e Lois Pérez, escritor e activista, tivo que escoller tres gañadores entre 133 relatos cunha extensión máxima de 30 palabras.
Lembranza, de Marga Ramos resultou o relato gañador do primeiro premio, cun vale de 150€ para gastar en librarías da cidade. No segundo lugar, con 100€ de premio, situouse As que non arden, de Xía Olijas. O último relato premiado, cun vale de 50€ para gastar en librerías de Lugo, foi Correspondencia, de Dewisa Solleiro.