CRISTINA LÓPEZ: “QUEREMOS QUE A VECIÑANZA POIDA DESFRUTAR DA RENOVACIÓN COMPLETA DA PRAZA CANTO ANTES”

A Xunta de Goberno iniciará o procedemento para contratar a reforma do soto da Praza de Abastos

O procedemento sairá a licitación por 650.000€ e un prazo de execución de 4 meses

A Xunta de Goberno iniciará o procedemento para contratar a reforma do soto da Praza de Abastos

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, informou que a Xunta de Goberno de mañá aprobará o proxecto para a reforma do soto da Praza de Abastos. Segundo Cristina López, “a partir de mañá abrirase o procedemento de licitación que agardamos realizar no menor espazo de tempo posíbel para que toda a veciñanza poida desfrutar da renovación completa da Praza de Abastos canto antes”.

A reforma sairá a licitación mediante un Procedemento Aberto Simplificado, e terá un orzamento base de 650.000€ e un prazo de 4 meses. Segundo Cristina López, “queremos facilitar á veciñanza o poder consumir produtos coa calidade e a atención personalizada que se pode atopar nas nosas prazas e mercados”. A edil de Participación afirmou que “desde o goberno municipal seguiremos a potenciar o comercio local, nomeadamente na Praza de Abastos e no Mercado Municipal”.

A Xunta de Goberno iniciará o procedemento para contratar a reforma do soto da Praza de Abastos