O 19º libro da colección o San Froilán dos Devanceiros 81 anos de cine en Lugo presentarase o vindeiro luns
O acto de presentación terá lugar a partir das 18:00 no auditorio do Vello Cárcere
Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, presentará o libro xunto co autor, Manuel Curiel
Lugo, 30 de setembro de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o novo libro da colección O San Froilán dos Devanceiros se presentará o vindeiro luns, 3 de outubro, a partir das 18:00 no Auditorio do Vello Cárcere.
O novo libro, titulado 81 anos de cine en Lugo, é froito da recompilación realizada por Manuel Curiel, fundador do grupo fotocinematográfico Fonmiñá, sobre a historia do cine en Lugo. O libro recolle aquelas películas que se estrearon en Lugo nos últimos oitenta e un anos no Domingo das Mozas pero tamén nos leva de viaxe polo tempo.
O acto de presentación será de acceso libre até completar o aforo da sala, e o libro poderá conseguirse ese mesmo día na presentación, ou a partir do martes na casa do concello de Lugo.