Maite Ferreiro: “os grupos e artistas de Lugo serán protagonistas deste San Froilán”

Maite Ferreiro: “as distintas agrupacións locais foron e continúan a ser unha peza moi importante da gran festa do outono galego”

Maite Ferreiro: “os grupos e artistas de Lugo serán protagonistas deste San Froilán”

Lugo, 02 de outubro de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua afirmou que “os artistas e grupos locais serán os protagonistas destas festas, nas que contaremos con máis de 50 actividades protagonizadas por veciñas e veciños de Lugo”. Segundo Maite Ferreiro, “os grupos locais actuarán nos escenarios principais das festas, como teloneiros e con espazos propios nas distintas actividades do San Froilán”.

 

Segundo Maite Ferreiro, as agrupacións locais estarán "nos grandes escenarios e tamén noutros emprazamentos, como nos distintos pasarrúas a organizar durante as festas”. Ferreiro destacou a "variedade de estilos para que estas sexan as festas de todas e todos os lucenses".

 

O programa do San Froilán 2022 está composto por máis de 200 actividades, entre as que se atopan máis dun cento de actividades musicais, unha vintena de actividades para público familiar e a volta das actividades anuladas por mor da pandemia, como o desfile do gando.

Maite Ferreiro lembrou que esta é a edición “máis social” do San Froilán. Este ano haberá un novo servizo de punto lila, onde especialistas en materia de igualdade traballarán en informar, concienciar e dar pautas para evitar situacións de acoso e violencia machista, e proporcionarán apoio, refuxio e asesoramento no caso de que acontezan. Ademais, por primeira vez contarase cun servizo de mochilas vibratorias para persoas con discapacidade auditiva nos concertos da praza Horta do Seminario.

Maite Ferreiro: “os grupos e artistas de Lugo serán protagonistas deste San Froilán”