Cristina López presenta a XXIX Feira do Mel, que terá lugar esta fin de semana na praza da Soidade
A cita, organizada pola APLA e a área de Participación, contará con 24 produtores de mel de distintas zonas de Lugo
A área de Participación organiza unha cata de mel este domingo a partir das 13 horas, con representantes do consello regulador da IXP Mel de Galiza
Lugo, 03 de outubro de 2022. A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentou xunto co presidente da Asociación Provincial Lucense de Apicultores, Pablo Piñeiro, a XXIX edición da Feira do Mel de Lugo, que reunirá a 24 produtores de todas as zonas de Lugo na fin de semana do 8 e 9 de outubro na praza da Soidade. Cristina López declarou que "a feira do mel volve con novas actividades, agardando superar o número de visitantes do ano pasado".
A apertura desta feira está prevista para o sábado ás 10 da mañá, e prolongarase tanto o sábado como o domingo durante todo o día até as 20 horas, onde se porán á venda distintos tipos de mel de calidade, producido nas terras de Lugo. Pablo Piñeiro, presidente da APLA, agradeceu ao concello a súa colaboración nunha cita xa consolidada no inicio do outono lucense.
A área de Participación organiza, dentro da propia feira, unha cata de meles a cargo de representantes do consello regulador da IXP Mel de Galiza. A cata terá lugar ás 13 horas o domingo, e o sábado a partir das 12:00 celebrarase un obradoiro de elaboración de candeas