Rubén Arroxo e Felipe Rivas reciben no concello ás tres estudantes de Lugo que participarán no programa de matemáticas Estalmat
Rivas parabenizou ás estudantes dun centro público de Lugo que participan neste proxecto que terá lugar en Compostela a partir deste sábado
Na recepción estivo presente Martín Casanova Alonso, estudante de Lugo que gañou a fase estatal da Olimpíada Matemática no 2021
Lugo, 30 de setembro de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, recibiron no concello ás 4 estudantes de Lugo que a partir deste sábado participarán no proxecto Estalmat. “Trátase de tres estudantes do IES Leiras Pulpeiro, que nos representarán neste importante proxecto despois dun ano sen participantes achegados desde Lugo”, explicou Felipe Rivas.
As primeiras actividades do proxecto Estalmat terán lugar este sábado na Aula Magna da Facultade de Matemáticas, e contarán coa presencia de Isabel López Quiroga, Ainara Prado Regueira, Iago Rodríguez Quintás, os tres primeiros, procedentes do IES Leiras Pulpeiro.
A presenza neste proxecto súmase ao conseguido por Martín Casanova Alonso, gañador da fase estatal da Olimpíada Matemática no 2021.
Trata de detectar, orientar e estimular de maneira continuada, durante dos cursos, o talento matemático excepcional de estudiantes de 12-13 anos, sen separalos do seu entorno, mediante unha orientación semanal que se efectua cada semana por tres horas.