Remata a renovación do barrio de recatelo coa instalación de novas xardineiras
"A veciñanza xa pode desfrutar dunha nova zona completamente renovada entre o centro da cidade e o parque de Rosalía", explicou Rubén Arroxo
Lugo, 30 de agoosto de 2022. O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou con Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, o barrio de Recatelo, onde veñen de instalarse as novas xardineiras. “Está xa rematada por completo a renovación integral deste barrio, gañando novos espazos para as persoas”, explicou Rubén Arroxo, que engadiu "esta actuación permitirá mellorar a imaxe dun barrio histórico da cidade, situado entre a Muralla e o Parque de Rosalía”. Arroxo afirmou que “durante o San Froilán para que toda a veciñanza de Lugo e as persoas que se acheguen á cidade poderán desfrutar desta nova zona peonil".
Para Rubén Arroxo, "Recatelo está a converterse nunha importante zona de paseo, entre o centro e o Parque de Rosalía, ao mesmo tempo que melloramos os servizos e a calidade de vida da veciñanza".
"Desde o goberno municipal seguimos traballando nunha cidade na que os peóns sexan o centro da mobilidade", afirmou Rubén Arroxo, que destacou as diversas medidas postas en marcha para este fin "como a realización de pasos de peóns elevados ou as distintas peonalizacións que se están a levar a cabo e a proxectar".