O BNG insta á Xunta a dotar de persoal facultativo ao centro de saúde de Vilalba
O BNG xa entregara máis de 450 sinaturas para urxir á Xunta a mellorar os sevizos sanitarios
Mónica García, responsábel local do BNG “esta é a realidade do desleixo e desmantelamento da sanidade pública”
Vilalba, 30 de setembro 2022.- O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba esixe ao goberno da Xunta de Galiza a que dote de persoal facultativo o centro de saúde e PAC de Vilalba, o que leva dende casi un ano con dificultades para poder garantir o funcionamento pleno.
O BNG xa denunciou este situación cunha campaña de recollida de sinaturas á veciñanza afectada esixindo a recuperación dos servizos. Recolléronse máis de 450 sinaturas, mais a situación segue no mesmo punto desde varios meses.
Por todo isto, o BNG insta a mellorar o servizo no centro de saúde e PAC da localidade coa dotación total das prazas de persoal facultativo coas que conta o centro, a restitución urxente do persoal especialista en pediatría e a dotación de recursos materiais suficientes para garantir o seu pleno funcionamento.
Mónica García, responsábel local do BNG en Vilalba, declarou “esta é a realidade do desleixo e desmantelamento da sanidade pública, é indecente que se esté negando á veciñanza o seu dereito á saúde”
A responsábel local do BNG destacou “houbo anuncios da Xunta coa mellora do servizo do centro de saúde, mais quedou claro que só foi propaganda; desde o BNG continuaremos defendendo a nosa sanidade pública”