DENDE O GOBERNO LOCAL SUBLIÑOUSE QUE O CERTAME CONTRIBÚE A PROXECTAR LUGO, TANTO ENTRE OS PROPIOS PARTICIPANTES, COMO A TRAVÉS DOS CADROS, QUE RECOLLEN MOITOS DOS RECUNCHOS DA CIDADE
37 artistas inmortalizaron Lugo no 21º Certamen de Pintura Rápida ao Aire Libre
Pablo García Ávila, de Córdoba, gañou o 1º premio cun lenzo sobre a Catedral; José María Sánchez Gutiérrez, tamén cordobés, o 2º cun cadro da Praza de Santo Domingo; e Julio Gómez Mena, de Leioa, o 3º cunha pintura das vías do tren
Lugo a 11 de xullo de 2021 Celebrouse no domingo 11 de xullo a 21 edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo. A riqueza patrimonial sumou un ano máis atractivos coa presenza de artistas nas rúas da cidade. Por primeira vez feito a continuación do Concello de Rábade que o celebrou este sábado o seu correspondente certamen,. Na súa 21ª edición mantivo poder de convocatoria, de participantes e público. 37 artistas chegados de toda Galicia e do resto do Estado -Segovia, Sevilla, Madrid, A Coruña, Toledo, Valladolid, Pontevedra, Coruña, Avilés, Xixón, Lugo, León- inmortalizaron distintos lugares da cidade en cadros con variados estilos e técnicas pictóricas.
O xurado, composto por Ana Santiso Vilar, muralista; Senén Olano Álvarez, docente, e Vanessa Somoza Dominguez, artista plástica; visitou todas as obras e procedeu á deleberación que deu como gañadores Rafael Carrascal García, co 1º premio (1.600€ e diploma), Vicente Soto Fernández, co 2º premio (1.100€ e diploma), Alberto David Fernández Hurtado co 3º (900€ e diploma).
Os 6 accésit (300€ e diploma) foron para os seguintes participantes: Oscar Hernàn Mìnguez, Roberto Castro Iglesias, Pablo Rodríguez de Lucas, Alexandre Otero Paz e Pío Costa Beiro.
En canto ao premio para o artista local, de 450€ e diploma, o xurado decidiu outorgarllo a Andrès Haensel Solorzano.
Dende a Concellería de Cultura, encargada de anunciar os dez premiados na Praza Maior, diante da casa consistorial, subliñou que o Certame de Pintura Rápida contribúe a proxectar a riqueza patrimonial e cultural de Lugo, tanto entre os propios participantes, que chegan de todo o estado, como a través dos propios cadros, que recollen os recunchos máis fermosos da cidade. Ao acto foron convidadas integrantes de todos os grupos que compoñen a corporación municipal.