PARA O BNG “ESTE ASUNTO NO SE DEBE UTILIZAR COMO ARMA DE ENFRONTAMENTO ENTRE CONCELLO E XUNTA POR QUE O IMPORTANTE É DAR O SERVIZO”

O abastecemento e o saneamento do rural podería pagarse cos 500.000 € anuais do Plan Único da Deputación

A Xunta debe contribuír pero o concello dispón de fondos que veñen da Deputación e non se está facendo nada” dixo Arroxo

O abastecemento e o saneamento do rural podería pagarse cos 500.000 € anuais do Plan Único da Deputación

Lugo, 30 de xaneiro 2018. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, lamentou que o goberno socialista de Lugo non se poña a traballar para levar o abastecemento e o saneamento ás parroquias do rural. Para o BNG “este asunto no se debe utilizar como arma de enfrontamento entre Concello e Xunta por que o importante é dar o servizo”. Arroxo lembrou que o BNG, tanto na Deputación como no Concello, “apostou por que os fondos do Plan Único que recibe o concello de Lugo do ente provincial, uns 500.000 € anuais, se destinaran a un programa plurianual para levar o abastecemento e o saneamento ás parroquias”. “A Xunta debe contribuír pero o concello dispón de fondos que veñen da Deputación e non se está facendo nada” dixo Arroxo.

Arroxo lembrou que “foi o PSOE único grupo que votou en contra da iniciativa do BNG de usar os fondos da Deputación para este fin que se aprobou no pleno de abril de 2017 co apoio do resto dos grupos da corporación”. “Agardamos que o goberno municipal do PSOE se poña a traballar polo ben das veciñas e veciños de Lugo e non buscando réditos preelectorais na confrontación coa Xunta do PP como parece que é o que está a facer co tema do abastecemento e saneamento do rural” dixo Arroxo.

No Pleno de abril de 2017 aprobarase no pleno a iniciativa do BNG-AA para iniciar a instalación dunha rede de abastecemento no rural cos fondos procedentes do Plan Único da Deputación. Arroxo explicou que se trataría dun Plan Plurianual no que se irían destinando os fondos procedentes do organismo provincial a crear unha rede de abastecemento no rural. O voceiro do BNG-AA dixo que “estes fondos poderíanse ampliar cos fondos da Xunta e con parte dos remanentes que ano tras ano xenera este concello pola incompetencia do goberno municipal que é incapaz de executar todo o orzamento”.

O Plan Único foi unha proposta do BNG na Deputación que garante que o concello de Lugo recibirá anualmente unha cantidade fixa de cartos e que será o propio concello quen poderá definir o uso deses cartos. Neste primeiro ano 2017 o concello de Lugo recibirá 500.000 euros, e esta cifra manterase nos vindeiros anos. O BNG-AA aposta por que estes fondos se destinen ao rural do concello e “entendemos que unha das débedas coas persoas que viven no rural é dar solución ao abastecemento e saneamento de augas”.

Arroxo explicou que “é evidente que a implantación dunha rede de abastecemento de auga será complicada no extenso rural do concello de Lugo e é posible que nalgunhas zonas sexa practicamente imposible” e engadiu “temos posibilidade de, nunha primeira fase, achegar a rede de abastecemento a aquelas parroquias que se atopan nas inmediacións dos depósitos de Penarrubia e ás que a auga chegaría por gravidade”. Ás parroquias ás que se referiu o voceiro do BNG-AA son as de Sta. María Alta, O Veral e Adai e precisou “tamén habería que rematar de achegar o abastecemento a algunhas zonas da parroquia de Orbazai nas que aínda están pendentes deste servizo”.

O abastecemento e o saneamento do rural podería pagarse cos 500.000 € anuais do Plan Único da Deputación