FELIPE RIVAS: “O CONCELLO DE LUGO FAI ANUALMENTE UN GRAN ESFORZO EN CUBRIR UNHA RESPONSABILIDADE QUE A XUNTA DE GALIZA DEIXA DE LADO”

Aberto o prazo de solicitude das axudas para libros de texto e material escolar

Felipe Rivas e Rubén Arroxo

As familias interesadas deberán presentar a solicitude até o 7 de setembro no rexistro xeral doconcello, doutra administración pública ou por vía telemática

Aberto o prazo de solicitude das axudas para libros de texto e material escolar

Lugo, 17 de agosto de 2020. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou que se abre o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar para familias con escasos recursos no segundo ciclo de educación infantil para o curso 2020-2021. Felipe Rivas indicou que “as actuacións en materia de educación son competencia da Xunta de Galiza”, e engadiu que “desde o Concello de Lugo estamos a realizar un importante esforzo económico para que as familias con baixos recursos poidan contar con estas axudas, mais traballaremos tamén en que a Xunta asuma as competencias que lle son propias e deixa de lado”.

 

Felipe Rivas informou que dende a concellería de Educación se repartirán un total de 40.000€ en axudas individuais de 100€ a persoas que estean empadroadas en Lugo, para investir nas librerías do concello en libros de texto e material escolar para os alumnos e alumnas matriculadas en centros sostidos con fondos públicos. As axudas adxudicaranse aos solicitantes cuxa renda familiar non supere 0.66 veces o IPREM, sendo o único criterio a contía da renda de menor a maior. No caso de non cubrirse todas as solicitudes, continuaranse adxudicando ás beneficiarias cuxa renda familiar anual non supere  0.80 veces o IPREM.

 

O concelleiro de Educación indicou que para realizar as solicitudes as persoas interesadas deberán presentar a solicitude e a documentación requirida no rexistro doConcello, preferentemente por vía telemática, presencialmente no concello, solicitando cita previa no 010 ou noutras administracións até o 7 de setembro.

Aberto o prazo de solicitude das axudas para libros de texto e material escolar