As actividades infantís da praza de Abastos e do Mercado continuarán ata o verán
Cristina López: "organizamos actividades para que as crianzas poidan divertirse e aprender despois do éxito acadado no primeiro trimestre, facilitando que as familias poidan mercar na praza e no mercado"
As novas actividades terán todos os sábados de ata o mes de xuño, entre as 11 e as 14 horas
Lugo, 11 de abril de 2022. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que o Goberno de Lugo renova as actividades infantís da Praza de Abastos e do Mercado Municipal, co obxectivo de "facilitar que as nenas e nenos poidan divertirse e aprender mentres as familias realizan as súas compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal".
Desde a área de participación búscase "facilitar a conciliación familiar nas fins de semana, e facilitar que a veciñanza poida achegarse a coñecer os produtos de primeira calidade que se comercian na Praza e no Mercado".
As actividades, que foron un éxito de asistencia no primeiro trimestre do ano terán lugar nas mañás dos sábados de abril, maio e xuño entre as 11 e as 14 horas. As actividades consistirán en obradoiros de reciclaxe, creatividade e cociña, adaptadas ás idades das nenas e nenos presentes.
A concelleira de Participación afirmou que "continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que toda a veciñanza poida coñecer os productos de primeira calidade que se comercian nestas instalacións”. Cristina López animou á veciñanza a “realizar as súas compras na Praza e no Mercado e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación”.