Cultura colabora co conservatorio de danza de Lugo polo día internacional da danza

Maite Ferreiro: “o Auditorio Municipal acollerá as representacións das e dos alumnos do conservatorio de danza”

As distintas representacións terán lugar entre o 25 e o 27 de abril, e as entradas deberán retirarse a través do portal entradaslugo.es

Cultura colabora co conservatorio de danza de Lugo polo día internacional da danza

Lugo, 09 de abril de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a colaboración do Goberno de Lugo co Conservatorio Profesional de Danza de Lugo de cara á celebración do día internacional da danza, 29 de abril. Maite Ferreiro explicou que “as distintas agrupacións do Conservatorio de Danza de Lugo actuarán no Auditorio Municipal Gustavo Freire, dando continuidade á programación de danza que programamos anualmente a través do ciclo Lugo en Danza”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “Estas galas e outros eventos públicos abertos á cidadania, que mostran a danza e as artes do movemento en diferentes formas teñen un enorme interese cultural e educativo para a cidade.   fomentando deste xeito a difusión do coñecemento das artes do movemento”.

A veciñanza de Lugo poderá asistir a tres galas protagonizadas por alumnas e alumnos do CDAN de Lugo de xeito gratuíto, retirando a entrada previamente no portal entradaslugo.es.

A primeira gala terá lugar o 25 de abril. Titúlase Historietas xacobeas e contará co estudantado de grao Elemental. O Camiño é o nome escollido para as galas das estudantes de 1º a 3º e de 4º a 6º de Grao Profesional. Terán lugar o 26 e o 27 de abril, respectivamente. Todas as galas comezarán ás 20:30 horas.

De cara á celebración do Día Internacional da Danza, as escolas de danza de Lugo (Gravitty, Victoria Gil, Star Dance e O Xeito) Farán demostracións e obradoiros na praza maior os días 26, 29 e 30 de abril.

“Desde a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua cremos que a danza ten unha importancia e relevancia maiuscula, e son, de feito, múltiples as programacións e propostas arredor da danza que organizamos ou coas que colaboramos cada ano”, explicou Maite Ferreiro. A concelleira de Cultura destacou o interese cultural das actividades que poñen o foco na danza e consiguen implicar á veciñanza e conseguir a participación da mesma.

“Hai que ter presente e por en valor o feito de que en Lugo está o único Conservatorio Profesional de Danza da Galiza, polo que parece axeitado seguir apostando por darlle visibilidade a un centro e ensinanzas que axudan a conseguir habilidades e capacidades artísticas e a dar a coñecer diferentes vertentes desta arte” destacou Maite Ferreiro.

Cultura colabora co conservatorio de danza de Lugo polo día internacional da danza