AITOR RODRÍGUEZ VILLAGARCÍA SERÁ O CANDIDATO Á ALCALDÍA D' A FONSAGRADA POLO BNG-ASEMBLEAS ABERTAS

AITOR RODRÍGUEZ VILLAGARCÍA SERÁ O CANDIDATO Á ALCALDÍA D' A FONSAGRADA POLO BNG-ASEMBLEAS ABERTAS

Aitor Rodríguez Villagarcía, de 20 anos de idade, encabeza por vez primeira unha candidatura do BNG-AA asegurando que cómpre “rexuvenecer  A Fonsagrada”  e sinalando que  “só o nacionalismo galego é garantía de honradez, traballo e transparencia para o noso Concello”

“Urxe construír unha Fonsagrada nova”  indicou Fotografía_candidato_AFonsagradao candidato nacionalista

A Fonsagrada, 20 de abril de 2015. Aitor Rodríguez Villagarcía, de 20 anos de idade, será o candidato do  BNG – Asambleas Abertas á alcaldía do concello d'A Fonsagrada nas vindeiras eleccións municipais do mes de maio. O mozo, natural d'A Fonsagrada, e estudante de terceiro curso do Grao en Ciencias Políticas e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela, encabeza por vez primeira unha candidatura do BNG-AA asegurando que cómpre “rexuvenecer  A Fonsagrada”  e sinala que aposta polo BNG-Asembleas Abertas porque “só o nacionalismo galego é garantía de honradez, traballo e transparencia para o noso Concello” Aposta por outra maneira de gobernar, democrática e transparente “que só pode vir da man do BNG-AA” Aitor Rodríguez Vilagarcía anunciou que o programa do BNG-AA xirará entorno “á democratización no concello” para “abrilo ás veciñas e veciños e para rematar coa falla de trasparencia que sofrimos a diario” . “Dende o BNG – AA loitaremos para que todas as xestións que leva a cabo o concello sexan claras e transparentes” sinalou o candidato nacionalista. “Apostamos por outro xeito de gobernar, baseado no traballo, na seriedade, na transparencia e no respeto rigoroso á democracia” dixo, “algo que só pode vir da man do BNG-AA”. Rodríguez Villagarcía sinalou tamén que “urxe democratizar e dinamizar a vida do concello. No BNG-Asembleas Abertas queremos un Concello vivo, que aposte polos nosos sectores produtivos, o noso comercio local, pola nosa mocidade. Unha Fonsagrada da que as nosas mozos e mozos non teñan que marchar para atopar un traballo digno. Que poña en valor a nosa cultura propia, a nosa riqueza paisaxística e medioambiental. En definitiva, construír unha Fonsagrada con futuro, ese é único interese que move á equipa que formamos o BNG-AA.” Ilusión para construír unha “Fonsagrada nova” O candidato nacionalista agradeceu o apoio das compañeiras e compañeiros do BNG-AA que confiaron nel para encabezar esta candidatura ás vindeiras Eleccións Municipais, facendo especial mención a Xosefa Ortíz de Galisteo, quen o precedeu na representación do BNG n'A Fonsagrada. Indicou, que “afrontamos estas vindeiras eleccións con ilusión e co convencemento de que é moi necesario un cambio n'A Fonsagrada, un cambio que só pode vir da man do BNG-AA” para “construír unha Fonsagrada nova”. Anunciou unha campaña electoral “moi activa, porta a porta, faremos todo o posíbel por levarlles as nosas propostas por unha Fonsagrada nova a todas as veciñas e veciños” dixo.

AITOR RODRÍGUEZ VILLAGARCÍA SERÁ O CANDIDATO Á ALCALDÍA D' A FONSAGRADA POLO BNG-ASEMBLEAS ABERTAS