TINO DÍAZ, PORTAVOZ DO BNG EN BALEIRA: "NON TRATAR AS MOCIÓNS É UN EXEMPLO DA POUCA IMPORTANCIA QUE PARA O EQUIPO DE GOBERNO TEÑEN AS PROBLEMÁTICAS PLANTEXADAS POLA VECIÑANZA"
O Alcalde de Baleira négase a tratar dúas mocións presentadas polo BNG no último pleno
Tino Díaz, portavoz do BNG en Baleira: "Non tratar as mocións é un exemplo da pouca importancia que para o equipo de goberno teñen as problemáticas plantexadas pola veciñanza"
Baleira, 9 de agosto 2024.- O Bloque Nacionalista Galego en Baleira presentou dúas mocións para o pleno que se celebrou o pasado mércores 7 de agosto, estas mocións foron presentadas en forma e tempo o 5 de xullo, aínda así o Sr. Martínez negouse a levar a pleno as dúas mocións.
Estas mocións solicitábanlle ao concello que fixera as xestións oportunas para quitar do rexistro da propiedade e do rexistro de inventariado do concello parcelas dos montes de Baleira que "lle foron roubadas á veciñanza na época da ditadura, son 2528 áreas que foron rexistradas no inventario do concello de Baleira aprobado na sesión plenaria do 1 decembro do 2021" explica o concelleiro nacionalista ."Está claro que o PP non quere que se fale deste asunto que moitos veciños descoñecen", sigue explicando Díaz, "o máis grave é que a Xunta de Galiza e o Concello venderon os pinos do monte Grande y Carballal da parroquia da Esperela por un importe de 292.000€ sen que a veciñanza desta parroquia soubera nada"
Seguiremos preguntando por esas cuestións e se o Sr. Alcalde segue a negarse a tratar as mocións recorreremos esta decisión nos órganos competentes, non imos permitir que non se lle dea explicacións á veciñanza e se siga a ocultar información", concluíu Tino Díaz