OLALLA RODIL: "SAMOS TEN UN POTENCIAL INMENSO QUE SE DEBE IMPULSAR PARA QUE SEXA UN REFERENTE DA COMARCA SARRIÁ"

As deputadas autonómicas Olalla Rodil e Montse Valcárcel, visitaron a XXIV Feira de artesanía de Samos

Estiveron acompañadas pola alcaldesa de Samos, Chus López e a deputada provincial de cultura Iria Castro

Olalla Rodil: "Samos ten un potencial inmenso que se debe impulsar para que sexa un referente da comarca sarriá"

As deputadas autonómicas Olalla Rodil e Montse Valcárcel, visitaron a XXIV Feira de artesanía de Samos

 

 

Samos, 11 de Agosto de 2024.- A alcaldesa do BNG de Samos, Chus López, estivo acompañada polas deputadas autonómicas Olalla Rodil e Montse Valcárcel, así como pola deputada provincial de Cultura Iria Castro na XXIV Feira de artesanía de Samos ademais de militantes da comarca.

Preto de 30 expositores da comarca estiveron presentes nesta XXIV Feira de artesanía de Samos organizada pola Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos en colaboración con Concello de Samos e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Ademáis dos expositores tamén tiveron lugar demostracións de obradoiros de artesanía a a actuacións de grupos de música tradicional

Tanto Montse Valcárcel como Olalla Rodil monstraron a súa ledicia por poder apoiar esta feira que pon en valor as tradicións desta zona do interior de Lugo "Samos ten un potencial inmenso e débese impulsar para que sexa un referente na comarca sarriá" aproveitando a ocasión para destacar a importancia dos oficios tradicionais que deben " contar con políticas de impulso e apoio para ser un motor de desenvolvemento económico das zonas nas que se desenvolven".

Con respecto disto, Rodil reclamou "que haxa axudas para que todas as persoas que queiran seguir coas nosas tradicións poidan facelo, cursos e promoción para que estas sabedorías non se perdan".

Para finalizar, a deputada nacionalista quixo agradecer o traballo que fan os artesáns porque "son os que lle dan sentido a esta feira, un lugar que amosa todo o potencial que temos neste País".

 

As deputadas autonómicas Olalla Rodil e Montse Valcárcel, visitaron a XXIV Feira de artesanía de Samos