A VISITA DA DELEGACIÓN CUBANA A LUGO ENMÁRCASE NO 98 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE FIDEL CASTRO RUZ, E REMATARÁ MAÑÁ CUN ACTO NA CASA MUSEO ÁNGEL CASTRO DE LÁNCARA

Rubén Arroxo recibe no Concello de Lugo a unha delegación encabezada polo Embaixador da República de Cuba, Marcelino Medina

Arroxo afirmou que esta xuntanza serve "como un primeiro paso" para potenciar a relación entre a cidade de Lugo

A visita da delegación cubana a Lugo enmárcase no 98 aniversario do nacemento de Fidel Castro Ruz, e rematará mañá cun acto na Casa Museo Ángel Castro de Láncara

Rubén Arroxo recibe no Concello de Lugo a unha delegación encabezada polo Embaixador da República de Cuba, Marcelino Medina




Lugo, 12 de agosto de 2024. O Alcalde en Funcións do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado polas concelleiras Maite Ferreiro e Ana González Abelleira en representación dos grupos municipais do BNG e PSOE, recibiron no Concello de Lugo a unha delegación da República de Cuba encabezada polo seu Embaixador en España, Marcelino Medina González, e que contou coa presencia da Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza, Ingrid Izquierdo, ademais de René González Barrios, Director do Centro Fidel Castro Ruz de La Habana e Antonio Rubén Sobrado, Presidente da Asociación Amizade e Solidaridasde con Cuba. Ambas delegacións abordaron a colaboración entre as dúas institucións co obxectivo de aumentar os lazos de irmandade que unen ao pobo galego e ao cubano.

Entre os temas abordados na xuntanza, ambas delegacións acordaron traballar en proxectos de interese para as veciñas e veciños, tanto no eido cultural e formativo, como no patrimonial e económico, "co fin de seguir a aumentar as pontes históricas que unen ao pobo cubano e ao galego", afirmou o alcalde en funcións.

Rubén Arroxo destacou a importancia dos lazos que unen á poboación galega e á cubana debido á emigración, "unha realidade á que como institución temos que atender debido ao importante peso da emigración na nosa historia", e destacou que "é unha honra poder recibir á delegación da República de Cuba e poder traballar en potenciar os importantes lazos entre os pobos galego e cubano".

A visita da delegación cubana enmárcase nos actos arredor do 98 aniversario do nacemento de Fidel Castro Ruz, actividades que continuarán cun acto na Casa Museo Ángel Castro de Láncara, e que contará coa presenza de concelleiras e concelleiros de Lugo.

 

Rubén Arroxo recibe no Concello de Lugo a unha delegación encabezada polo Embaixador da República de Cuba, Marcelino Medina