A PORTAVOZ NACIONAL DO BNG VISITOU A CIDADE ESTE VENRES, ACOMPAÑADA DE CONCELLEIROS E MILITANTES DO BNG DA COMARCA

Ana Pontón destaca “a labor de goberno do BNG” no concello de Lugo

Ana Pontón: “nas eleccións do 10N xógase o futuro de Galiza”

Ana Pontón destaca “a labor de goberno do BNG” no concello de Lugo

Lugo, 11 de outubro 2019.  A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou no día de hoxe os postos de artesanía do San Froilán acompañada de concelleiros e militantes da formación da comarca de Lugo. Ana Pontón declarou que se trata dunha “oportunidade para comprobar en primeira persoa o éxito das festas”, e engadiu que isto “demostra a labor de goberno do BNG no concello de Lugo, contribuíndo a consolidar o San Froilán como a gran festa do outono galego”.

 

Para a portavoz nacional do BNG, o convivio de hoxe permite “coller forzas de cara aos retos que o BNG afronta no futuro”, en alusión ás eleccións do 10 de novembro. “Estas eleccións tratan sobre o futuro de Galiza, e non sobre Pedro Sánchez ou Pablo Casado”, indicou Ana Pontón, que engadiu “as galegas e galegos precisamos ter voz nas cortes para que haxa solucións aos nosos problemas”.

 

Ana Pontón declarou que “o compromiso das deputadas e deputados do BNG nas cortes do Estado será unicamente defender os intereses de Galiza”. No tocante ás propostas para Lugo, Ana Pontón destacou a importancia de “darlles solucións ás traballadoras e traballadores das electrointensivas, alternativas para Galiza que permitan acabar coa discriminación”, ademais, indicou que “a modernización do ferrocarril é unha prioridade para Lugo”.

 

Ana Pontón destaca “a labor de goberno do BNG” no concello de Lugo