A MOSTRA COMEZARÁ ESTE DOMINGO, 18 DE XULLO, E CELEBRARASE DURANTE TODOS OS DOMINGOS DE AGOSTO E O 5, 11 E 19 DE SETEMBRO

A área de Cultura organiza unha serie de encontros de Vellos Oficios Artesáns

Rubén Arroxo: "buscamos facilitar o coñecemento dos oficios a través da vivencia en directo e do facer das e dos artesáns"

A área de Cultura organiza unha serie de encontros de Vellos Oficios Artesáns

Lugo, 02 de xullo de 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, presentou a Mostra de Vellos Oficios Artesáns que comezará o vindeiro domingo que se manterá durante todos os domingos de agosto e o 5, 11 e 19 de setembro. Desde a área de Cultura plantéxase a mostra para "facilitar o coñecemento dos oficios tradicionais a través de experiencias en directo que mostren o bo facer das e dos artesáns", segundo explicou Rubén Arroxo.

As mostras terán lugar nos soportais da Casa do Concello, na praza Maior os domingos 18 de xullo, 1, 8, 22 e 29 de agosto e 5, 11 e 19 de setembro, de 11 a 14 e de 17 a 20:30. Cada un dos días contarase con dous profesionais de distintas especialidades, entre as que se atopan a madeira, os instrumentos musicais, a cestería ou o metal, entre outras.

"Este proxecto de promoción dos vellos oficios céntrase nos labores tradicionais que manteñen vivos mestres e artesáns, e poderase ver a técnica destas disciplinas que sobreviviron á produción industrial", explicou o Tenente Alcalde, que engadiu "a actual sensibilización contra o cambio climático facilitou a recuperación destes oficios tradicionais e a incorporación de persoas novas ou que se reciclen doutras profesións a este sector".

Programa Mostra de Vellos Oficios Artesáns 2021

 

18 de xullo, Especialidade Madeira

Instrumentos musicais: Zanfonas e pandeiretas, Xoan Manuel Tubio Fernández "Xaneco"

Torno Tradicional do Museo Etnográfico de Grandas de Salime, Arturo Iglesias

 

1 de agosto

Cestería, Chus Labrador Sequeiros

Elaboración de cabezudos, Marga Portomeñe

 

8 de agosto

Cestería, Carmen Fieiras

Canteria, Ramón Villar Gómez

 

22 de agosto

Cestería, Idioia Cuesta

Corozas de Xunco, Álvaro M. Leiro

 

29 de agosto

Carpintería tradicional, Ignacio Gómez Abrau

Madeira e fibra: Silleiro Tórdea, José Luís Castro Gómez

 

5 de setembro

Alfarería: Bautizo de Torno, Antón Román

Alfarería: Obradoiro de barro, Susana González Amado

 

12 de setembro

Metal e madeira: Navalleiro, Jorge Román Toquero – Hyottoko Artesanía

Metal Latoeiro, Fernando Reboredo

 

19 de setembro

Madeira: Zoqueira, Elena Ferro

Cerería, Alberto Uría

A área de Cultura organiza unha serie de encontros de Vellos Oficios Artesáns