FELIPE RIVAS: "AS AXUDAS CONTRIBUIRÁN A GARANTIR QUE MOITAS NENAS E NENOS TEÑAN ACCESO AO MATERIAL NECESARIO"
Educación publica as listas das axudas para libros de texto e material escolar
As concellería de educación abre o prazo de presentación de documentación ás familias excluídas até o 30 de xullo
Lugo, 19 de xullo de 2021. O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou a publicación das listaxes das axudas para a compra de libros de texto e material escolar para familias con baixos recursos. "Seguimos a traballar na mellora dos tempos deste trámite, que este ano contamos con ter rematado de cara ao inicio do curso escolar", declarou Felipe Rivas, que engadiu "desde a concellería de Educación esforzámonos en facilitar ás familias, no menor prazo de tempo posíbel, esta axuda que serve para garantir o acceso ao material a moitas nenas e nenos".
A concellería de Educación tramitou un total de 565 solicitudes, que optarán a un dos 400 cheques de 100€, ata completar un total de 40.000€ adicados a estas axudas. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar quedando este ano establecido o tope no 80% do IPREM.
As listas poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello, no 010 e na web municipal, e as persoas que resultaran excluídas por falta de documentación terán de prazo até o 30 de xullo para achegala, antes de elaborar as listas definitivas