RUBÉN ARROXO: "PRETENDEMOS MELLORAR A IMAXE DO CAMIÑO PRIMITIVO AO SEU PASO POR LUGO"

Rubén Arroxo presentou as letras que servirán para que Lugo esté presente en todo o mundo dende o camiño a Santiago.

 "Queremos que Lugo se asocie ao Camiño dunha maneira similar a como se identifica Lugo coa Muralla", explicou Rubén Arroxo

Rubén Arroxo presentou as letras que servirán para que Lugo esté presente en todo o mundo dende o camiño a Santiago.

Lugo, 14 de xullo de 2021. As concelleiras e concelleiros da Tenencia de Alcaldía de Lugo visitaron a praza do Camiño Primitivo onde se veñen de colocar as letras Lugo Km 100, unha acción que segundo o Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, "mellorará a imaxe do Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo, e servirá como elemento de promoción turística de Lugo a nivel internacional".

 

"Queremos que Lugo se asocie tamén ao Camiño, dunha maneira similar a como se identifica Lugo coa Muralla", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "as letras de Lugo KM 100 elaboráronse converterse nun atractivo turístico que sirva para promocionar Lugo e o Camiño Primitivo nas redes sociais das persoas que se acheguen á cidade, e ao mesmo tempo dar contido á praza do Camiño Primitivo, que ata o de agora estaba baleira".

 

O Tenente de Alcalde explicou que "escollemos esta ubicación xa que na praza do Camiño Primitivo, a distancia entre Lugo e Compostela é de 100 Km", e engadiu "esta é unha das accións coas que desde o Goberno de Lugo contribuimos á celebración do Xacobeo 2021".

 

As letras na súa parte máis alta superan os 2 metros de altura, e contan con acabados en aceiro corten, que permitirá que o aspecto da escultura evolucione co paso do tempo. Foron colocadas sobre unha estrutura granítica para adaptalas á estética da praza do Camiño Primitivo.

 

Os dous primeiros peregrinos que chegaron hoxe durante a colocación das letras sumáronse á promoción de Lugo, realizando as primeiras fotos do Lugo Km 100.

 

Rubén Arroxo presentou as letras que servirán para que Lugo esté presente en todo o mundo dende o camiño a Santiago.