FERREIRO: “O SAN FROILÁN FOI UN ÉXITO DE AFLUENCIA, VÍASE TANTO NO RECINTO FEIRAL COMO NAS RÚAS DA CIDADE, CHEAS DE XENTE DURANTE TODAS AS FESTAS”

A área de Cultura recibe o agradecemento da Asociación de Empresarias e Empresarios de Atraccións de Feira de Galiza polo San Froilán 2025

Ferreiro: “O San Froilán foi un éxito de afluencia, víase tanto no Recinto Feiral como nas rúas da cidade, cheas de xente durante todas as festas”

A edil de Cultura destacou a relevancia do Recinto Feiral nesta edición, co regreso da Noria como símbolo da gran festa do outono galego

A área de Cultura recibe o agradecemento da Asociación de Empresarias e Empresarios de Atraccións de Feira de Galiza polo San Froilán 2025

 

 

Lugo, 18 de outubro de 2025. A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo vén de recibir o agradecemento oficial da Asociación de Empresarias e Empresarios de Atraccións de Feira de Galiza (EMAFEGA) polo desenvolvemento e organización do San Froilán 2025.

 

Nun comunicado conxunto, o colectivo empresarial puxo en valor a colaboración da Tenencia de Alcaldía e destacou “a súa cercanía, o seu apoio constante e o compromiso coas familias feirantes”, subliñando o labor conxunto que fixo posible unhas festas multitudinarias e ben acollidas.

 

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, asegurou que “o San Froilán foi un éxito de afluencia, vímolo non só no Recinto Feiral, senón coas rúas da cidade cheas de xente durante as festas”. Ferreiro resaltou tamén a capacidade destas celebracións para proxectar Lugo en Galicia e no exterior: “Un ano máis o San Froilán puxo a nosa cidade no mapa”.

 

A edil destacou especialmente o protagonismo que adquiriu o Recinto Feiral nesta edición, grazas ao regreso da Noria, que cualificou como “un símbolo das festas tradicionais, recuperado con grande entusiasmo tanto polas familias como polas profesionais do sector”. A instalación converteuse nun dos elementos máis fotografados e compartidos nas redes sociais, reforzando a identidade e atractivo das festas.

 

Desde a área de Cultura e desde EMAFEGA reiterouse o compromiso de seguir colaborando para manter e reforzar o prestixio do San Froilán como a gran festa do outono galego.

 

 

 

Comunicado da EMAFEGA (Empresari@s de Atraccións de Feira de Galiza)

 

Empresari@s de atraccións de feira de Galicia (EMAFEGA) quere agradecer sinceramente ao Concello de Lugo o seu gran traballo na organización do San Froilán 2025.

 

O noso recoñecemento ao Goberno Municipal, e en especial a Maite Ferreiro e Rubén Arroxo, pola súa cercanía, o seu apoio constante e o seu compromiso coas familias feirantes. Grazas á súa colaboración, o Día do Neno volveu ser unha xornada entrañable que reflexa o espírito popular e familiar que caracteriza ao San Froilán.

 

A área de Cultura recibe o agradecemento da Asociación de Empresarias e Empresarios de Atraccións de Feira de Galiza polo San Froilán 2025