A área de Mobilidade programa unha ruta en bicicleta para o domingo 19 de setembro

Rubén Arroxo: “animamos ás veciñas e veciños de Lugo a que deixen o coche na casa e proben a bici como medio de transporte alternativo”

 

A área de Mobilidade colabora con Decathlon e o clube ciclista Quercus para organizar esta actividade enmarcada na Semana Europea da Mobilidade

A área de Mobilidade programa unha ruta en bicicleta para o domingo 19 de setembro

Lugo, 06 de setembro de 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, presentou xunto con Carolina Rodriguez, coordinadora de Decathlon en Lugo, a marcha ciclista que promove a área de Mobilidade para o vindeiro domingo 19 de setembro. A actividade está enmarcada na Semana Europea da Mobilidade e pretende “animar á veciñanza a deixar na casa o coche e apostar pola bicicleta como medio de transporte alternativo”.

A ruta saira o 19 desde o polígono das Gándaras, e percorrerá a avenida da Coruña, entrará polo Casco Histórico e voltará ás Gándaras para rematar nas instalacións de Decathlon. Poderase participar en bicicleta ou utilizando medios de transporte alternativos como patinetes eléctricos.

A Semana Europea da Mobilidade celébrase anualmente entre o 17 e o 22 de setembro, e ten como obxectivo concienciar á poboación do uso do transporte público e dos medios de transporte alternativos, reducindo a dependencia do vehículo privado. O mércores 22, celébrase o Día Europeo Sen Coches, e a área de Mobilidade fará gratuíto o bus urbano, permitindo que a veciñanza aposte polas novas liñas de transporte público da cidade.

A área de Mobilidade programa unha ruta en bicicleta para o domingo 19 de setembro