A área de Participación edita un calendario de 2021 con imaxes pertencentes ao Arquivo Municipal
19 dec. 2020 - 14:39
Lugo, 02 de xaneiro de 2020. A área de Participación e Servizos para a Veciñanza editou un calendario de 2021 con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. Cristina López afirmou que “quixemos realizar un calendario con imaxes de arquivo para, cada mes, poder comparar os cambios que experimentou a cidade de Lugo”.
As fotografías pertencen á colección Delgado Guisasola, custodiada no Arquivo Municipal, e proceden dos negativos en cristal que facía no laboratorio da farmacia da que era dono.
A entrega dos calendarios comezou hoxe, cun reparto entre o persoal municipal. Desde a área de Participación entregarse a todas as veciñas e veciños que o desexen, e poderá recollerse nas oficinas de Participación.