O Grupo Municipal do BNG promociona o comercio local na Praza de Abastos
As concelleiras e concelleiros nacionalistas entregaron distintivos da campaña nos distintos postos
Rubén Arroxo animou a “axudar coas nosas compras ás produtoras e produtores galegos neste Nadal”
Lugo, 18 de decembro de 2020. Os concelleiros e concelleiras do BNG realizaron hoxe na Praza de Abastos unha acción enmarcada na campaña de comercio local Mellor Local, Mellor Galego, para promocionar o consumo de produtos de comercio local e de proximidade, especialmente nun nadal marcado crise da COVID-19.
O portavoz do BNG, Rubén Arroxo, afirmou que “neste momento é máis importante que nunca colaborar na reactivación económica e social, e para isto o pequeno comercio vólvese imprescindible”.
Para dar comezo a esta campaña, o BNG elixiu a Praza de Abastos de Lugo como un exemplo, segundo afirmou Rubén Arroxo, “dun espazo onde podemos atopar o mellor dos produtos da nosa terra, onde se garante a proximidade e a calidade dos produtos que xeramos neste país”.