A área de Participación habilita unha cociña na Praza de Abastos
Cristina López: “esta nova infraestrutura permitirá aumentar a oferta da praza de abastos con obradoiros de cociña”
Lugo, 28 de maio de 2022. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que o Goberno de Lugo vén de habilitar unha cociña nun dos postos da Praza de Abastos. Cristina López explicou que “continuamos a ampliar a oferta da Praza e do Mercado Municipal cunha nova cociña que nos permitirá ampliar as actividades que realizamos nestas instalacións”.
Cristina López destacou o “éxito” das actividades que se realizan habitualmente na praza. “Nos últimos meses organizamos tanto actividades para facilitar a conciliación familiar e achegar ás familias os distintos productos cos que se comercia na praza”.
A concelleira de Participación afirmou que "continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que toda a veciñanza poida coñecer os productos de primeira calidade que se comercian nestas instalacións". Cristina López animou á veciñanza a "realizar as súas compras na Praza e no Mercado e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación".