A área de Participación lembra no 8 de marzo ás dúas mulleres que máis anos levan asistindo ao Mercado Tradicional
Lugo, 08 de marzo de 2022. No 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, a concellería de Participación e Servizos para a Veciñanza que dirixe Cristina López realizou un recoñecemento ás dúas mulleres que máis anos levan atendendo postos na Praza de Abastos e no Mercado Tradicional.
A área de Participación recoñeceu a labor de María do Carme Porto López, de 84 anos, responsábel da carnicería Díaz Ferreiro, que comezou a traballar na Praza de Abastos con 25 anos, e a María Andrade Lavandeira, de San Pedro de Soñar, que na actualidade ten 81 anos e leva asistindo ao Mercado Tradicional dos martes e dos venres desde os 18.
Cristina López destacou “o esforzo destas dúas mulleres ao longo dos anos, que axudaron a que o Mercado e a Praza de Abastos de Lugo sexan actualmente dous espazos de gran importancia para a veciñanza”.