A concellería de Educación abre o prazo para solicitar praza nas Escolas Infantís Municipais
A solicitude pode presentarse a través da sede electrónica do Concello de Lugo
Pódese consultar a información no BOP, no Taboleiro de Anuncios Municipais, nas Escolas e nas oficinas da concellería de Educación
Lugo, 08 de marzo de 2022. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou a apertura do prazo de matrícula nas escolas infantís municipais. Rivas explicou que “continuamos a traballar para ofertar o mellor servizo nas Escolas Infantís, iniciando o procedemento de matrícula para o vindeiro curso”.
As familias interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 4 de abril, a través da sede electrónica ou no rexistro presencial, solicitando cita previa a través do formulario habilitado na web do concello de Lugo ,(http://concellodelugo.gal/
A información do procedemento pode consultarse no BOP do 7 de marzo, no Taboleiro de Anuncios do Concello de Lugo, nas Escolas Infantís Municipais e nas oficinas da Concellería de Educación