Maite Ferreiro presenta a XXII edición da Mostra de Teatro Clásico, organizada pola área de Cultura
“Este ano aumentamos a programación ata as 12 obras teatrais de primeira calidade, éxito de crítica e de público en diversos festivais de todo o Estado”, explicou Maite Ferreiro
A XXII edición da Mostra de Teatro Clásico terá lugar entre o 11 e o 27 de marzo no Auditorio Municipal Gustavo Freire
Lugo, 09 de marzo de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a XXII edición da Mostra de Teatro Clásico, que este ano aumenta a súa programación ata chegar ás 12obras que encherán o Auditorio Municipal Gustavo Freire de cultura de calidade durante o mes de marzo. “Quixemos facer unha programación extensa, de calidade e para todos os públicos”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “continuamos a concentrar a mostra no mes de marzo, facilitando a afluencia do público e a difusión da programación de Teatro Clásico”.
A Mostra de Teatro Clásico do 2022 contará tamén cunha importante aposta polas compañías galegas que no 2020 comezaron a producir obras clásicas, Maite Ferreiro destacou que “este ano chegan obras que contan co apoio do Centro Dramático Galego, como é Arte sen guión, unha das novidades deste ano ao tratarse dun espectáculo de improvisación”. A área de Cultura achega este ano o teatro á rúa e a outros lugares, como o Vello Cárcere, aínda que a programación continuará maioritariamente no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
En definitiva, Alfred Jarry, Shakespeare, Perrault, Quevedo ou Lope de Vega estarán representados nesta nova edición baixo moi diferentes prismas; Dende un “Lázaro” cantado en base de rap, pasando polo teatro fisico e clown de “El Busclown”, as adaptacións transgresoras e modernas e diversas de Shakespeare en “Othello” e “Macbeth” ou a improvisación de “Arte sen guión”. “Unha mostra actual, unha programación diversa e para todos os públicos”, afirmou Maite Ferreiro, que engadiu “este ano contaremos cunha Mostra de Teatro Clásico que incluirá diferentes xeitos de afrontar os clásicos e traelos á modernidade”.
Programación XXI Mostra de Teatro Clásico
Venres 11 de marzo:
“El Busclown” de La Escalera de Tijera.
Gustavo Freire. 20,30h.
Sábado 12 de marzo:
“La escuela de los vicios” de Morfeo Teatro.
Gustavo Freire. 20,30h.
Martes 15 de marzo:
“El perro mutante del hortelano” de Emma Lobo.
Vello Cárcere. Dous pases; 18.30 e 20.30h. Gratuíto.
Xoves 17 de marzo:
“Lázaro” de Leamok.
Gustavo Freire. 20,30h.
Venres 18 de marzo:
“Noche de Reyes” de Ur Teatro.
Gustavo Freire. 20,30h.
Sábado 19 de marzo:
“Macbeth” de Gabriela Cortés.
Gustavo Freire. 20.30h.
Domingo 20 de marzo:
“Fuenteovejuna” de Sol y Tierra.
Gustavo Freire. 18.30h. Público familiar.
Xoves 24 de marzo:
“Arte sen guión” de Galeatro e CDG (Espectáculo de improvisación).
Gustavo Freire. 20.30h.
Venres 25 de marzo:
“Othello” de Voadora.
Gustavo Freire. 20,30h.
Sábado 26 de marzo:
“Quen ocupa esa cadeira. Clásicos” de Palimoquiños.
Praza Maior (En caso de choiva no Vello Cárcere). 12h.
“Ubú Le Roi” de Los Sueños de Fausto.
Gustavo Freire. 20,30h.
Domingo 27 de marzo:
“Pulgarcito” de Teatro Paraíso.
Gustavo Freire. 18.30h. Público familiar
Entradas e bonos
A área de Cultura pon á disposición da veciñanza un bono para 8 representacións cun prezo de 35€.
As entradas teñen un prezo de 8€ na zona A e 6€ na zona B, e contarán con descontos para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG, quedando as entrdas en 5€ para a zona A e 3.75€ para a zona B.
As representación para público familiar, Fuenteovejuna e Pulgarcito, non estarán incluídas nos bonos, e terán un prezo único de 5€ por entrada.
El perro mutante del hortelano non precisará de entrada, e accederase por orde de chegada ao Vello Cárcere. O mesmo acontecerá con Quen ocupa esta cadeira, orixinalmente prevista para a praza Maior, e que no caso de choiva será trasladada ao Vello Cárcere