O SERVIZO SERÁ GRATUÍTO, E OS PEDIDOS PODERÁN REALIZARSE POR VÍA TELEFÓNICA

A área de Participación pon en marcha un servizo de reparto a domicilio na Praza de Abastos e no Mercado Municipal

Cristina López: “queremos facilitar á veciñanza o poder consumir produtos de calidade das nosas prazas e mercados”

A área de Participación pon en marcha un servizo de reparto a domicilio na Praza de Abastos e no Mercado Municipal

Lugo, 30 de marzo de 2020. A área de Participación e Servizos para a Veciñanza pon en marcha o servizo de compra a domicilio na Praza de Abastos e no Mercado Municipal. Segundo afirmou Cristina López, “trátase dun servizo moi reclamado pola veciñanza que poñemos en marcha coa estreita colaboración de todos os negocios da praza”.

Para realizar o seu pedido, as persoas interesadas deberán chamar, de 08:30 a 14:00, aos distintos postos da praza, onde se lles informará sobre a dispoñibilidade de cada produto. Unha vez se realicen todos os pedidos, organizarase o reparto e o cobro da mercadoría a domicilio. O servizo de reparto será gratuíto.  “Ofrecerase tamén o servizo de pre-encarga, que permitirá facer as recollidas con máis axilidade á xente que prefira acudir ao Mercado e á Praza”; declarou Cristina López

Segundo Cristina López, “queremos facilitar á veciñanza o poder consumir produtos coa calidade e a atención personalizada que se pode atopar nas nosas prazas e mercados, e avanzar noutras formas de comercialización nestes dous servizos públicos do Concello”. A edil de Participación lembrou que “desde o inicio da crise sanitaria provocada polo COVID-19 estamos a traballar para tentar reducir ao máximo o impacto no pequeno comercio ”.

A área de Participación pon en marcha un servizo de reparto a domicilio na Praza de Abastos e no Mercado Municipal