ENTRE OS COMPROMISOS ACADADOS ESTÁ A ELIMINACIÓN DO TAPÓN DA RÚA FISTERRA EN ALBEIROS E O TRASPASO AO CONCELLO DA RÚA SAN EUFRASIO PARA CONSTRUIR UNHA ROTONDA QUE PERMITA DESATASACAR O TRÁFICO EN FONTIÑAS

Arroxo e Balseiro anuncian a colaboración de Xunta e Concello para crear un aparcadoiro na futura praza da Estación de Autobuses

Rubén Arroxo agradeceu a boa disposición do Delegado da Xunta e, en relación ao auditorio, sinalouse que “unicamente hai pendentes cuestións técnicas para a entrega do edificio e que en breve poderá ser entregado ao Concello”

Arroxo e Balseiro anuncian a colaboración de Xunta e Concello para crear un aparcadoiro na futura praza da Estación de Autobuses

Lugo, 23 de outubro de 2019.  O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e o Delegado da Xunta en Lugo, Xosé Manuel Balseiro, reuníronse no día de hoxe para solucionar cuestións que atañen a ámbalas dúas administracións. En rolda de prensa posterior á xuntanza, os representantes das administracións galega e municipal anunciaron a colaboración entre ambas institucións en asuntos culturais e de infraestruturas.

 

Ao respecto do novo auditorio, o Delegado da Xunta indicou que se está “avanzndo no trámite da conexión da rede eléctrica”. Rubén Arroxo indicou que “é un paso importante para que poida comezar a funcionar”, e engadiu “quedarían unicamente cuestións técnicas para axilizar a entrega e que poida estar en funcionamento o antes posible”. Rubén Arroxo destacou o interese da área de Cultura do Concello en integrar o Concello de Lugo na Rede de Auditorios da Xunta “para colaborar coa programación de actividades”.

 

Con respecto á mobilidade, o Delegado da Xunta anunciou o compromiso desa institución para resolver canto antes o tapón urbanístico da rúa Fisterra no barrio de Albeiros. Tamén se anunciou o compromiso de ambas institucións para construír un aparcadoiro soterrado na futura praza da actual estación de autobuses. Segundo indicou Rubén Arroxo, “dende a área de Mobilidade vemos a oportunidade clave de ter un gran aparcadoiro que permitirá que avancemos na peonalización total do casco histórico e da ronda da Muralla, que permita deixar o coche a poucos metros do centro da cidade”.

Arroxo e Balseiro anuncian a colaboración de Xunta e Concello para crear un aparcadoiro na futura praza da Estación de Autobuses